A VISITA DA CONSELLEIRA É UNHA FALTA DE RESPECTO ÁS VECIÑAS E VECIÑOS DE LUGO DIXO PAZ ABRAIRA
Os nacionalistas non asistiron á visita da conselleira a estas obras inacabadas que non se van rematar nin a curto, nin medio prazo"
Para o BNG é fundamental lembrar que o goberno municipal socialista e o goberno do PP na Xunta asinaron a adenda que finiquitou o convenio do plan Paradai
Lugo, 18 de febreiro 2015. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, de conta das razóns que levaron ao grupo municipal nacionalista a rexeitar o convite para asistir á visita que a conselleira de Política Territorial realizou hoxe ás obras do Plan Paradai. Para Abraira o feito de que a Conselleira de Polílitca Territorial visite estas obras resulta indignante, é unha desfachatez e unha falta de respeto cara as veciñas e veciños de Lugo.
Trátase, para o BNG, da visita a unhas obras inacabadas e que non se van a rematar nin a curto nin a medio prazo. Paz Abraira sinalou que o PSOE, a través do alcalde, e o PP, a través da Consellería de Política Territorial, asinaron unha adenda que paralizou definitivamente o plan Paradai para a voceira do BNG, este feito, demostra claramente cales son os intereses destas dúas forzas políticas.
Paz Abraira remarcou hoxe que foi o BNG que destapou o feito de que o goberno municipal aceptara o remate do convenio subscrito coa Xunta sobre o Plan Paradai. Para os nacionalistas, neste momento, o Plan Paradai foi finiquitado por PP e PSOE. Paz Abraira explicou que coa aprobación desta adenda deuse finiquito ao convenio que había asinado entre as dúas administracións para a realización das obras pendentes do Plan Paradai coa realización da ponte de Paradai.
A adenda nº3 di que o convenio queda circunscrito exclusivamente a esa obra e cun custe máximo de 3.557.000 que vai rematar na anualidade 2015 e que a vixencia do convenio é ata o remate das obras o 31 de 2015. Temos o compromiso de que as obras van rematar en decembro de 2014 e os pagos vanse extender a 2015 explicou Paz Abraira. Coa aceptación desta proposta, feita pola Xunta de Galiza, por parte do goberno municipal de Lugo dos catro proxectos do Plan Paradai o único que se vai facer é o que xa está en construción de Ponte Paradai.