O BNG pedirá no pleno da Concello o apoio á ILP contra a pobreza enerxética
O obxectivo principal desta ILP é garantir a enerxía como servizo público para o desenvolvemento económico e industrial de Galiza
Rubén Arroxo afirmou que Galiza produce electricidade como Dubai petroleo, pero aquí a riqueza escapa do país
Lugo, 7 de outubro de 2015. O BNG levará ao pleno do Concello de Lugo unha moción para solicitar o apoio da corporación municipal á Iniciativa Lexislativa Popular que propón medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. Rubén Arroxo explicou que está ILP está sendo impulsada por iniciativa da Confederación Intersindical Galega e ten como obxectivo principal garantir a enerxía como servizo público para o desenvolvemento económico e industrial de Galiza.
O texto da ILP inclúe diversas medidas para garantir a enerxía como servizo público para o desenvolvemento económico e industrial de Galiza. Ademais quedará preservada, a enerxía, como un dereito universal de todas as persoas ao benestar social. A proposción de Lei recolle tamén a definición do que se considera como pobreza enerxética.
Dende o BNG consideran necesario que as diferentes entidades locais e entes de carácter supramunicipal manifesten o seu apoio a esta inciativa que será debatida no Parlamento Galego por que as institucións deben defender as persoas e non ás empresas e corporacións que empeoran a súa calidade de vida na búsqueda sin fin de beneficios económicos.
Arroxo afirmou que Galiza produce electricidade como Dubai petroleo, pero aquí a riqueza escapa do país e explicou que no Estado español impúxose o criterio dun sistema eléctrico único e de tarifa única, prexudicial para Galiza ao tratar por igual os consumidores dos diferentes territorios, sen ter en conta a súa achega como produtores de enerxía. É de salientar que as tarifas eléctricas no Estado español son as terceiras máis caras para o consumo doméstico e as oitavas para o industrial, segundo unha comparativa de Eurostat sobre trinta estados europeos.