O BNG PIDE O ARRANXO DE PISTAS NA PARROQUIA DE PIUGOS

O BNG PIDE O ARRANXO DE PISTAS NA PARROQUIA DE PIUGOS

IMG_6276

“Non poden alegar que o concello non ten cartos por que recentemente o PSOE aprobou co PP un plan de obras con moitos millóns de euros dos remanentes” sinalou Abraira

O BNG criticou as continuas promesas incumplidas do goberno municipal socialista e concretamente do edil responsable de Medio Rural

Lugo, 18 de novembro 2014. O BNG reclamou o arranxo das pistas da parroquía de Piugos. As concelleiras do BNG visitaron o lugar de Santuiño que é un dos máis afectados polo mal estado das pistas ante as demandas de veciños e veciñas da zona. “Esta é unha mostra máis do mal estado de conservación das pistas rurais do concello de Lugo” dixo Abraira que descargou a responsabilidade no goberno municipal socialista e concretamente “na pasividade” do edil responsábel do medio rural e infraestrutura.

IMG_6283

“Non poden alegar que o concello non ten cartos por que recentemente o PSOE aprobou co PP un plan de obras con moitos millóns de euros dos remanentes” sinalou Abraira. Para os nacionalistas “non son normais” as continuas promesas incumplidas do goberno municipal socialista e concretamente do edil responsable de Medio Rural.

Moitas das parroquias lucenses teñen, neste momento, as súas pistas de acceso nun deficiente estado de conservación. Paz Abraira reclamou que o goberno municipal elabore e execute un plan de mantemento das pistas rurais de titularidade municipal xa que “de non facerse así despois do inverno a situación pode ser verdadeiramente catastrofica e dificilmente recuperable”.

O BNG PIDE O ARRANXO DE PISTAS NA PARROQUIA DE PIUGOS