O BNG ADVIRTE DE NOVOS PROBLEMAS COA VENTILACIÓN DA FIESTRA ARQUEOLÓXICA DE SANTA MARÍA

O BNG ADVIRTE DE NOVOS PROBLEMAS COA VENTILACIÓN DA FIESTRA ARQUEOLÓXICA DE SANTA MARÍA

Fiestra arqueolóxicaDurante toda a fin de semana a fiestra arqueolóxica permaneceu totalmente empañada. “A pingueira que se produce pola condensación podería danar os restos arqueolóxicos” dixo Paz Abraira

Sinais ocultas e árbores caidas, o BNG recibiu máis queixas de veciños e veciñas que lle foron trasladadas ao goberno municipal

Lugo, 17 de novembro 2014. O BNG advertiu hoxe do estado da fiestra arqueolóxica da praza de Santa María que permaneceu practicamente empañada durante a fin de semana e presenta problemas de condensación. Paz Abraira sinalou que “a día de hoxe trátase dun dos maiores atractivos turísticos da cidade e o goberno municipal debe prestarlle a debida atención”. Ademais dos problema de visibilidade para os visitantes o goteo da auga que se condensa no cristal podería danar os restos arqueolóxicos.

Os nacionalistas trasladaranlle ao goberno municipal unha petición “para que se manteña nas debidas condicións esta fiestra arqueolóxica”. Paz Abraira dixo que “unha vez resoltos os problemas coa vexetación expontánea da fiestra arqueoloxica da praza de San Marcos compre ser coidadosos para manter en perfecto estado estes elementos de atracción turística na nosa cidade”. As fiestras arqueolóxicas instaladas en Lugo dispoñen dun sistema de ventilación para evitar a condensación de auga e o empañamento por humidade.

Sinais ocultas e árbores caidas

Ademais o BNG trasladou ao goberno municipal outras queixas que lles foron remitidas por veciños e veciñas de Lugo como é o caso dun sinal de tráfico, practicamente desaparecido entre a vexetación, na zona das Gándaras. Os nacionalistas tamén lle deron conta ao goberno de López Orozco da existencia dunha árbore caida que obstrue o paso no paseo do Miño na zona entre a estación elevadora de augas e  o barrio de San Lázaro.

O BNG ADVIRTE DE NOVOS PROBLEMAS COA VENTILACIÓN DA FIESTRA ARQUEOLÓXICA DE SANTA MARÍA