O BNG PREGUNTARÁ NA COMISIÓN DE MEDIO-AMBIENTE DO PARLAMENTO GALEGO POLA GASOLINEIRA DO CARREFOUR

O BNG PREGUNTARÁ NA COMISIÓN DE MEDIO-AMBIENTE DO PARLAMENTO GALEGO POLA GASOLINEIRA DO CARREFOUR

Cosme-Ana“Para os que vivimos en Lugo é fácil entender que almacenar máis de 120.000 litros de hidrocarburos a menos de 100 mentros do río supón un perigo innecesario” dixo Cosme Pombo

Os nacionalistas queren saber cales son os informes e estudos que realizou a Consellería de Medio Ambiente en relación á solicitude de ubicar unha estación de servizo no hipermercado Carrefour

Lugo, 17 de novembro 2014. O BNG levará, á comisión de Medio Ambiente do Parlamento Galego, que se celbrará mañá a partir das 16:30 horas, unha serie de preguntas sobre a instalación dunha gasolineira no centro comercial de As Saamasas en Lugo. O deputado Cosme Pombo afirmou que “non é normal que, dende os organismos medioambientais, se poñan trabas para a creación dunha zona pública de baño e se autorice a instalación dunha gasolineira a carón do Miño”. O parlamentario do BNG dixo que “para os que vivimos en Lugo, e tamén para calquera con sentido común, é fácil entender que almacenar máis de 120.000 litros de hidrocarburos a menos de 100 mentros do río supón un perigo ambiental innecesario”.

Os nacionalistas queren saber cales son os informes e estudos realizou a Consellería de Medio Ambiente en relación á solicitude de ubicar unha estación de servizo no hipermercado Carrefour. Cosme Pombo ironizou ao preguntarlle aos reponsables de Medio Ambiente da Xunta se ten algún aspecto positivo para o medio ambiente do río Miño que se instale unha gasolineira no seu entorno. Ademais, dende o BNG, relacionaron o feito da instalación desta nova gasolineira coa existencia de outra nas proximidades do centro comercial e coa sentencia xudicial que lle prohibía aos actuais promotores a implantación da gasolineira.

Cosme Pombo dirixiulle ao conselleiro de Medio Ambiente unha pregunta directa sobre o que entende a consellería por actuacións perigos para o medio ambiente “se resulta mais perigoso para o medio ambiente unha zona de baño que unha estación de servizo?”. Para o BNG resulta sorprendente comprobar que a aprobación e aplicación da lexislación faise para defender os intereses do capital especulativo e en favor das grandes cadeas comerciais pasando por riba da protección ambiental e da preservación de espazos naturais tan importantes coma o río Miño e o seu entorno. Pombo engadiu que “non se pode esquecer a existencia, na actualidade, dunha sentenza xudicial negativa á implantación desta gasolineira no centro comercial”.

O BNG PREGUNTARÁ NA COMISIÓN DE MEDIO-AMBIENTE DO PARLAMENTO GALEGO POLA GASOLINEIRA DO CARREFOUR