O BNG ACUSA AO GOBERNO DE OROZCO DE PRIVATIZAR AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CEAO

O BNG ACUSA AO GOBERNO DE OROZCO DE PRIVATIZAR AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CEAO

campo ceao“Está claro que as bases para a concesión do campo do Ceao están feitas á medida para un Clube determinado” sinalou Abraira

O concello gastou recentemente 227.000 € no arranxo de esta instalación que agora quedará en mans dunha Sociedade Anónima durante 10 anos

Lugo, 19 de novembro 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo acusou ao goberno municipal de pretender darlle apariencia de legalidade ao procedemento para entregarlle o campo de futbol do Ceao á sociedade anónimo deportiva do Clube Deportivo Lugo. “Está claro que as bases para a concesión do campo do Ceao están feitas á medida para un Clube determinado” sinalou Abraira e engadiu “trátase, a fin de contas, de privatizar un espazo público entregándollo a unha empresa coa complicidade do partido popular”. Abraira dixo que “vemos como este goberno socialista, no canto de gañar espazos para os cidadaáns, avanza na transformación do público en privado”.

Para os nacionalistas trátase dun menosprezo ao resto de entidades deportivas que se lle entregue a un único clube, e en exclusiva, o uso do campo municipal de fútbol José Carballido Cerceda. Abraira lembrou que o concello de Lugo gastou máis de 225.000 euros no arranxo desta instalación deportiva que agora quedará pechada aos veciños e veciñas que pagaron o seu arranxo. Para o BNG “non é normal que se lle entregue, en exclusiva, unha instalación deportiva de titularidade municipal a unha entidade privada durante 10 anos”

“Á vista do prego condicións que rexerán o procedemento para concesión do uso privativo do campo municipal de fútbol de O Ceao queda claro que so hai unha entidade que cumpre os requisitos e para a que claramente está feito o baremo de puntuación” dixo a voceira nacionalista e explicou que “nas propias bases queda claro que o concello de Lugo, titular da instalación, non poderá facer uso da mesma sen pedir permiso á entidade adxudicataria”. O uso da instalación por parte do concello quedará restrinxido “... á celebración dalgún evento deportivo puntual... sempre e cando no interfira na programación (da entidade adxudicataria)...”.

O BNG ACUSA AO GOBERNO DE OROZCO DE PRIVATIZAR AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CEAO