O BNG PIDE QUE SE LLE RECLAMEN A URBASER OS 25.000 € QUE COSTOU A PROTECCIÓN POLICIAL DURANTE A FOLG

O BNG PIDE QUE SE LLE RECLAMEN A URBASER OS 25.000 € QUE COSTOU A PROTECCIÓN POLICIAL DURANTE A FOLG

IMG_4733Os nacionalistas presentarán un rogo para que se lle desconte á empresa o importe que foi destinado ao pago da produtividade que recibirán os axentes por escoltar aos servizos de limpeza

Paz Abraira dixo que “non temos por que pagar a protección a unha empresa que, por riba, estaba a incumprir o contrato que tiña co concello de Lugo”

Lugo, 09 de agosto 2014. O Bloque Nacionalista Galego presentará un rogo á comisión de alcaldía para que se lle desconten á empresa Urbaser os 24.980,24 € que costará a protección policial durante a folga de recollida do lixo. Paz Abraira dixo que “non temos por que pagar a protección a unha empresa que, por riba, estaba a incumprir o contrato que tiña co concello de Lugo”. Para o BNG “este é outro custo máis dos que acarrexou a incompetencia do goberno local para evitar unha folga que non tiña por que producirse”. “A policía local, por mandato do alcalde, o único que  fixo foi protexer os intereses dunha empresa que estaba boicoteando o dereito á folga dos traballadores” afirmou Paz Abraira.

Dende o BNG sinalan que este non é o único custo que tivo, para os veciños e veciñas de Lugo, este conflicto xa que “ademais do importe económico que supón este pago da produtividade, a policía non puido desenvolver o seu traballo con normalidade e atender as demandas da cidadanía xa que foron ocupados nestas tarefas de escolta e na protección do equipo do goberno”. Paz Abraira lembrou que “algún día houbo ata dez policías protexendo o edificio do concello duns traballadores e traballadoras que en todo momento foron pacíficos e respetuosos nas súas protestas”.

Segundo decreto asinado polo alcalde de Lugo, con número 14007481, o concello destinará un total de 24.980,24 € ao pago dun complemento de productividade os membros da Policía Local que realizaron traballos de protección e apoio os equipos de limpeza durante a folga de recollida de lixo. A policía local estivo a realizar traballos de protección e apoio os equipos de limpeza á empresa Tragsa, servizos mínimos, a traballadores vidos de fora da cidade.

O BNG PIDE QUE SE LLE RECLAMEN A URBASER OS 25.000 € QUE COSTOU A PROTECCIÓN POLICIAL DURANTE A FOLG