O BNG PIDE QUE SE RETRANQUEEN OS EDIFICIOS PREVISTOS NA CONFLUENCIA DE S. ROQUE COA RONDA

O BNG PIDE QUE SE RETRANQUEEN OS EDIFICIOS PREVISTOS NA CONFLUENCIA DE S. ROQUE COA RONDA

fotos 203Os nacionalistas presentaron unha serie de alegacións á actual proposta de modificación puntal do PEPRI que afecta a esta zona e que na actualidade en período de exposición pública

“A proposta prevé a construción de dous edificios cun volume moi importante que poden ter un impacto visual moi forte sobre a muralla” dixo Paz Abraira 

A nacionalista lamentou que no momento da elaboración do PEPRI non se protexeran as vivendas existentes como solicitara o BNG 

Lugo, 08 de agosto 2014. O Bloque Nacionalista Galego presentou unha serie de alegacións á proposta de modificación puntual do PEPRI  que comprende o espazo situado na confluencia da Ronda da Muralla e a Rúa San Roque. O documento que recolle esta modificación do PEPRI está en período de exposición pública. A voceira nacionalista no Concello de Lugo, Paz Abraira, dixo que “a proposta prevé a construción de dous edificios cun volume moi importante e poden ter un impacto visual moi forte sobre o propio monumento”. Por este motivo o Bloque Nacionalista Galego presentou unha serie de alegacións encamiñadas a mellorar esta proposta e encamiñadas a protexer a muralla de Lugo.

fotos 197

Paz Abraira lembrou que un dos motivos da abstención do seu grupo político na aprobación do PEPRI foi “que non se protexeran as vivendas deste cuarterón, sobre o que o Concello acaba de facer a modificación puntal”. Así, a edil afirmou que “para o BNG foi desde logo unha perda importantísima que non se protexese as vivendas existentes moi propias da tipoloxía do entorno que poñían ademais en valor o propio monumento”. Mentres que a nova proposta urbanística ten un capacidade edificatoria moi superior a que existía antes da aprobación do PEPRI.

A proposta actual contempla dous bloque de edificación de distintas alturas no fronte á Ronda da Muralla e na frontal cara a rúa San Roque. No Caso da Ronda da Muralla o efecto visual desde o propio monumento e desde a calzada vai ser moi impactante, sobre todo se existe unha total uniformidade estética. Ademais, outra das características destacables é que o novo edificio proposto na Ronda da Muralla adiántase moito con respecto aos xa existentes, polo que non se lle dá continuidade a non ser a través da zona porticada ao espazo libre existente no comezo da Rúa Montero Ríos. O feito de adiantar tanto a edificación e a zona porticada pode xenerar un efecto visual de túnel que en nada vai favorecer ao entorno.

As alegacións do BNG vai encamiñadas a que se retranquee a construción da Ronda mantendo unha liña edificatoria máis equilibrada coa dos edificios xa existentes, co que se ganará en distancia con respecto á Muralla e se limitará o efecto visual de túnel ou barreira que se pode crear. Os nacionalistas tamén solicitan que se deseñe unha fachada que non xenere efecto visual de túnel ou muralla paralela e que se incremente o fondo edificatorio aínda que teña maior altura porque, desta maneira, pode retrasarse a liña edificatoria e ganar distancia con respecto ao monumento.

O BNG PIDE QUE SE RETRANQUEEN OS EDIFICIOS PREVISTOS NA CONFLUENCIA DE S. ROQUE COA RONDA