O BNG PIDE MÁIS LIMPEZA NA RÚA MARIÑA ESPAÑOLA

O BNG PIDE MÁIS LIMPEZA NA RÚA MARIÑA ESPAÑOLA

DSC_0182“Despois das fins de semana é habitual que a rúa apareza chea de vidros que constituen un serio periogo para os nenos e nenas que transitan por esta rúa camiño dos centros escolares da zona” explicou Paz Abraira

Paz Abraira lembrou que o BNG levou a pleno e reclamou, reiteradamente, o establecemento de itinerarios escolares seguros

Lugo, 3 de xuño 2014. O BNG presentou un rogo dirixido á comisión de urbanismo, infraestruturas, medio ambiente e zona rural do concello de Lugo solicitando que se incremente a limpeza na rúa Mariña Española. Os nacionalistas piden que “fundamentalmente se fagan limpezas das beirarrúas despois das fins de semana e antes de que comence o tránsito de persoas cara os centros escolares da zona”. Paz Abraira explicou que “despois das fins de semana é habitual que a rúa apareza chea de vidros que constituen un serio periogo para os nenos e nenas que transitan por esta rúa camiño dos centros escolares da zona”.

Os nacionalistas presentaron este rogo, dirixido ao goberno municipal, despois de recibir queixas de persoas que se atopaban, os luns pola mañá, coas beirarrúas cheas de vidros. “Os vidros aparecen esparcidos polas beirarrúas a primeira hora da mañá cando existe un maior paso de xente cara os centros escolares” dixo Paz Abraira. Para que as persoas, e sobre todo os nenos e nenas, que por alí transitan aos colexos próximos non corran perigo de lesións compre que se fagan as labores de limpeza a primeirísima hora da mañá para que as persoas que por alí transitan non corran perigo de lesións pola presenza de fragmentos de vidro nas beirarrúas.

Itinerarios Escolares

Paz Abraira lembrou que o BNG fixo propostas, en diversas ocasións, para que o concello de Lugo poña os medios necesarios para mellorar a limpeza nas zonas de xogos infantís e nas inmediacións do centros escolares. O BNG levou a pleno e reclamou, reiteradamente, o establecemento de itinerarios escolares seguros que permitan que os desprazamentos de nenos e nenas cara os centros educativos se faga coas maiores garantías de seguridade.

O BNG PIDE MÁIS LIMPEZA NA RÚA MARIÑA ESPAÑOLA