O BNG pide un plan para atender a posible chegada de refuxiados procedentes de Siria
Rubén Arroxo apelou á solidariedade internacionalista e afirmou que isto non é caridade se non unha obriga
Lugo, 2 de setembro de 2015. O BNG fixo un chamamento ao goberno local de Lugo para que estableza un plan de atención ás persoas ante a posible chegada de refuxiados procedentes do conflito bélico de Siria. Arroxo dixo que non se pode agardar á chegada de persoas refuxiadas para tomar decisións, débese facer unha previsión e engadiu que unha administración como o concello de Lugo debe ter a sensibilidade suficiente sobre este tipo de asuntos.
Arroxo dixo que o concello deberá contactar con entidades humanitarias que xa están a colaborar na atención a refuxiados e inmigrantes por que coñecen cales son as problemáticas a resolver e que medidas se deben tomar. Rubén Arroxo advertiu que non se debe utilizar este asunto e tachou de irresponsables aos que promoven o medo coa a chegada de inmigrantes e refuxiados e ameazan co efecto chamada.
O voceiro do BNG - Asembleas Abertas lembrou que siria era un país estable ata fai moi pouco e neste momento vemos como os seus habitantes están a sufrir os desastres dunha guerra que non provocaron e engadiu que unha situación coma esta pode xurdir en calquera país e lembramos como moitos galegos e galegas tiveron que exiliarse por motivos similares durante século XX baixo a o réxime franquista. Arroxo apelou á solidariedade internacionalista e afirmou que isto non é caridade se non unha obriga.