O BNG pídelle ao subdelegado do goberno explicacións pola actuación policial no caso do violador
A prensa describe unha situación na que os responsables policiais estaban máis preocupados por defender o entorno do presunto agresor que por defender ás posibles vítimas entre as que estabamos todas as lucenses sentenciou Maite Ferreiro.
Independentemente da actuación xudicial, neste asunto hai responsabilidade política da máxina autoridade das forzas da orde pública dixo a edil do BNG Asembleas Abertas
Lugo, 26 de febreiro de 2016. O BNG Asembleas Abertas reclamoulle ao subdelegado do goberno explicacións pola actuación policial no caso do violador que aparecen hoxe reflectidas nun medio de comunicación local. Independentemente da actuación xudicial, neste asunto hai responsabilidade política da máxina autoridade das forzas da orde pública dixo a edil do BNG Asembleas Abertas. A edil nacionalista dixo que entendemos que o subdelegado esté entretido na súa carreira política dentro do Partido Popular pero é o responsable da policia nesta provincia e ten que asumir as súas responsabilidades.
Maite Ferreiro dixo que o que describe a prensa é unha situación inaceptable de corrupción policial e entendemos que alguén ten que dar explicacións engadiu que parece que todas estas informacións proceden dun sumario xudicial e están debidamente acreditadas e documentadas. Ferreiro anunciou que o BNG levará a onde sexa necesario esta cuestión para que se dea a coñecer que foi o que sucedeu realmente neste asunto e se tomen as medidas pertinentes contra as persoas responsables no caso de que os feitos foran tal e como se relatan.
Para o BNG Asembleas Abertas todo o que aparece descrito na prensa e recollido nun sumario xudicial describe unha situación inaceptable de desconsideración ás agresións sexuais e entendemos que alguén ten que dar explicacións. Queda claro que os responsables policiais estaban máis preocupados por defender o entorno do presunto agresor que por defender ás posibles vítimas entre as que estabamos todas as lucenses sentenciou Maite Ferreiro.
A edil do BNG Asembleas Abertas manifestou a preocupación das mulleres de Lugo polas actuacións policiais e vinculadas coa comisaría de Lugo, recollidas en diversos sumarios xudiciais, en casos relacionados coa trata de mulleres e de agresións sexuais. Maite Ferreiro rexistrou un escrito pedindo unha entrevista co subdelegado do goberno para ter información directa sobre o sucedido ao longo deste proceso.