O BNG reclama un xulgado específico de violencia de xénero para a provincia de Lugo
Hoxe presentaron esta iniciativa en Sarria concelleiras do BNG Asembleas Abertas dos concellos Lugo, A Pastoriza, Sarria, O Corgo e Castro de Rei
Lugo é unha das provincia galegas que non conta con este xulgado específico en ningún dos seus partidos xudiciais
Lugo, 23 de febreiro de 2016. O BNG reclamará ante as institucións a creación dun xulgado específico de violencia de xénero para Lugo. Esta demanda será plantexada ante todas as institucións así o explicaron en rolda de prensa as concelleiras do BNG-Asembleas Abertas nos concellos de Sarria, Mónica López; de Lugo, Maite Ferreiro: de A Pastoriza, Elba Carrera; de O Corgo, María Abuín; e de Castro de Rei, Digna Lagarón. As ediles nacionalistas compareceron ante os medios de comunicación en Sarria para dar conta desta iniciativa que xa foi aprobada hoxe na Deputación de Lugo.
Mónica López, xunto coas outras concelleiras sinalaron que é unha demanda que parte de diferentes colectivos de mulleres e explicaron que tamén compre dotar aos xulgados dunha quenda avogados e avogadas de oficio xa que neste momento non hai quenda específica con profesionais para atender este tipo de casos e incluso é posible que os mesmos letrados atendan á vítima e ao maltratador.
Este xulgado terá que dar atención a mulleres de toda a provincia, para que estes casos teñan un tratamento axeitado. Mónica López precisou que aínda que esta decisión depende do Consello Xeral do Poder Xudicial, ten que ser a Xunta de Galiza quen faga as xestións necesarias para que esto sexa posible e é fundamental o apoio das administracións locais. A edil nacionalista lembrou as disparatadas cifras dos casos de violencia de xénero e lembrou que solo na comarca de Sarria hai 23 mulleres baixo protección.
Neste momento unicamente as cidades de Vigo e Coruña dispoñen de xulgado específico de violencia de xénero. A posta en marcha deste xulgado en Lugo podería dar cobertura a toda a provincia e compre unha dotación mínima de persoal que inclúe as figuras de xuíz, fiscal, forense, secretario e funcionariado adscrito. Este xulgado podería atender os casos de violencia: maltrato, acoso e custodia de menores, ademais do seguimento de ordes de alexamento antes e despois do xuízo. Neste momento é o xulgado de instrución nº3 é o que se encarga en Lugo deste tipo de casos aínda que a adxudicación da praza de xuíz foi por orde de traslado pero non se considerou a súa formación neste tema.
O BNG levará, tamén, ao Parlamento Galegao unha proposición para que a Xunta poña en marcha un plan galego que permita avanzar na eliminación da violencia de xénero. O BNG fará o necesario para que se modifiquen todos os artigos necesarios na lexislación vixente para que sexa posible a inclusión do termo Feminicidio. Este termo fara que se considere que este tipo de asesinatos se producen contra as vítimas polo único feito de se mulleres expicaron as concelleiras nacionalistas. Ademais a proposta do BNG pretende que se contemple que a administración de xustiza vai recibir medios humáns, materiais e técnicos para a debida atención ás vitimas da violencia machista. Outro dos apartdos da proposta esixe a formación específica, en materia de violencia de xénero, para todo o persoal dos xulgados que teña participación nos procedementos relacionados con este tema.