O BNG PREGUNTARÁ NO CONGRESO SE O AERÓDROMO DE ROZAS É “ZONA SENSIBLE” TRAS O ATENTADO DE PARÍS

O BNG PREGUNTARÁ NO CONGRESO SE O AERÓDROMO DE ROZAS É “ZONA SENSIBLE” TRAS O ATENTADO DE PARÍS

dron_sec_1Os nacionalistas xa advertiran no seu momento que o feito de converter Rozas nun centro de expirmentación de “drons” podía supoñer un perigo para a zona

Rosana Pérez sinalou que “o Ministerio de Defensa delegou no INTA a xestión dos proxectos no aeródromo en Rozas e entre estes servizos está os ensaios do proxecto ATLANTE que é un proxecto desenvolvido pola empresa CASSIDIAN” 

Lugo, 9 de xaneiro 2015. O BNG preguntarálle ao goberno do Estado sobre as medidas que pensa tomar en relación á seguridade do aeródromo de Rozas tras o atentando acontecido en París esta semana. Está previsto que se incremente a seguridade en diferentes puntos considerados “sensibles” polo goberno do estado e a deputado do BNG, Rosana Pérez, preguntará se ao aeródromo de Rozas se lle dará esta consideración debido á recente instalación dun centro de investigación de avións non tripulados.

Os nacionalistas lembraron que no ano 2012 falouse, incluso, da posibilidade de situar en Rozas unha das 5 bases de avións non tripulados que o Pentágono tiña previsto instalar en Europa. En 2013 fíxose o primeiro voo a través do proxecto Atlante que tiña por obxectivo dotar a estes drons da última tecnoloxía para poder realizar misións militares e civís. O INTA aluguo as instalacións de Rozas por un periodo de 10 anos para ensaios cos avións non tripulados. Entre os servizos do INTA están os ensaios do proxecto ATLANTE que é un proxecto desenvolvido pola empresa CASSIDIAN.

Dende o BNG lembraron que “estes avións son tristemente famosos polas masacres e asasinatos civís que provocan en moitos conflitos ao longo do planeta”. Rosana Pérez lembrou tamén que a implantación, en Rozas, dun programa de avións non tripulados xa fora cuestionada dende que no ano 2011 se fixera pública esta posibilidade. O BNG xa reclamara, no seu momento, a paralización deste tipo de ensaios en Rozas no caso de que se fagan ensaios e probas de avións non tripulados para uso militar.

O BNG PREGUNTARÁ NO CONGRESO SE O AERÓDROMO DE ROZAS É “ZONA SENSIBLE” TRAS O ATENTADO DE PARÍS