O PROBLEMA DAS IMPUTACIÓNS POR CORRUPCIÓN É DE OROZCO, NON DO BNG DIXO ALEXANDRE PENAS
Penas lembrou que o BNG ten, neste momento, a 5 dos seus dirixintes e afiliados imputados por manifestarse contra as políticas impostas por Merkel e desto estamos orgullosos
Lugo, 9 de xaneiro 2015. O responsabel local do BNG de Lugo, Alexandre Penas, dixo que o problema das imputación por corrupción é de Orozco, non do BNG. O dirixente nacionalista salientou que o BNG marchou do goberno local por que Orozco está imputado por graves casos de corrupción e enchufismo. Alexandre Penas acusou a Orozco de estar máis pendente de defenderse utilizando o concello como parapeto que de solucionar os problemas de Lugo, por que vemos día a día como todo o que depende do Concello está paralizado ou é unha trapallada.
O BNG ten claro que os cargos institucionais imputados por casos de corrupción deben dimitir e todos os cargos do BNG, cando están imputados por corrupción dimiten afirmou o responsábel local do BNG. Penas dixo que no BNG as dimisións prodúcense antes de que se demostre, ou non, a culpabilidade e engadiu que esto debe ser así polo ben común dos veciños. Non se poden utilizar as institucións, como fai Orozco como parapeto para defenderse, dandolle as costas aos problemas de Lugo
Os imputados do BNG
Alexandre Penas lembrou como 5 dirixintes do BNG acaban de ser imputados e sancionados por manifestarse pacíficamente contra as políticas impostas polo liberalismo da señora Merkel e estamos orgullosos e engadiu que este tipo de sancións, para desgraza dos lucenses, nunca serán aplicadas a Orozco, porque cada un está onde está e defende a quen defende. Ademais tamén houbo concelleiros e cargos do BNG que foron identificados, golpeados e sancionados por participar en diferentes protestas e paralizando desafiuzamentos inxustos e ahí é onde está o BNG afirmou Alexandre Penas.