O BNG DE LUGO PIDE O ADECENTAMENTO DAS BEIRARRÚAS NO BARRIO DA ESTACIÓN
O estado das beirarrúas e a invasión de vexetación procedente de edificios ruinosos e predios baleiros supoñen un perigo para as persoas que transitan pola zona
Lugo, 11 de xaneiro de 2015. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, pediu que se adecente as beirarrúas na praza Conde de Fontao, en fronte da estación do ferrocarril. Ademais os nacionalistas tamén pedirán que se pechen os predios que permanecen abertos e que provocan a invasión da beirarrúa pola vexetación expontánea o concello debe esixir o peche de solares que acumulan lixo e maleza e deben ser limpados polos seus propietarios dixo Abraira.
Para o BNG non se pode manter nese estado a beirarrúa no estado actual nin esperar por outras obras maiores. O concello debe de arranxar esta beirrúa por que o estado das beirarrúas e a invasión de vexetación procedente de edificios ruinosos e predios baleiros supoñen un perigo para as persoas que transitan pola zona. Ademais o mal estado no que se atopa esta zona é a primeira imaxe que reciben de Lugo todas as persoas sinalou Abraira.