O BNG PROPÓN A CREACIÓN DUN PLAN DE INTERVENCIÓN SOCIAL PARA MELLORAR AS AXUDAS AO ALUGUEIRO

O BNG PROPÓN A CREACIÓN DUN PLAN DE INTERVENCIÓN SOCIAL PARA MELLORAR AS AXUDAS AO ALUGUEIRO

fotos 300"O actual sistema é perverso e penaliza ás persoas que viven en peores condicións xa que exclue a quenes residen en vivendas que non cumpren as condicións mínimas” dixo Cristina Ferrerio 

Cristina Ferreiro destacou que “o concello de Lugo fai un importante esforzo económico mentres que o PP, no goberno da Xunta, esta a eliminar os plans da axudas ao alugueiro” 

Lugo, 10 de xaneiro 2015. A edil do BNG, Cristina Ferreiro, propuxo que se estableza un plan de intervención dos servizos sociais que evite as deficiencias do actual sistema. Ferreiro dixo que “o actual sistema é perverso e penaliza ás persoas que viven en peores condicións”. A edil nacionalista explicou que “aqueles que viven en vivendas con peores condicións son excluídos das axudas por que as vivendas non cumpren as condicións e tampouco poden saír delas por que as axudas concédense tarde”. Esta circunstancia dáse nun total de 43 familias. “Se o concello detecta que se están alugando vivendas indignas e que hai xente lucrándose da miseria dos demais terá que actuar” afirmou Ferreiro. “Asemade” incidiu a nacionalista  “os servizos sociais do concello deberán abordar cun plan específico o caso destas 43 familias e non permitir que sigan a vivir en condicións que non reúnen uns mínimos de habitabilidade, que é o obxectivo lóxico das Axudas de Aluguer de Vivenda.”

Para o BNG é necesario incrementar a partida destinada ás axudas de algueiro en outros 150.000 € para cubrir as necesidades das máis de 80 solicitudes que quedaron en lista de espera por que non foron cubertas polas axudas. Cristina Ferreiro destacou que “o concello de Lugo está a facer un importante esforzo económico mentres que o PP, no goberno da Xunta, esta a eliminar os plans da axudas ao alugueiro”. No caso de Lugo resulta evidente que é o concello quen está asumindo as carencias derivadas das políticas de austericidio do goberno da Xunta.

Cristina Ferreiro criticou a actitude da edil responsábel de asuntos sociais por “esconderse detrás da propaganda numerística” e non elaborar un programa de intervención para evitar que se lles retira a axuda ás persoas que viven en peores condicións por que a vivenda non cumpre cos requisitos mínimos esixidos. Ferreiro sinalou que houbo un total de 43 solicitudes que foron excluidas por que as vivendas non cumprían cos requisitos. O BNG xa solicitou que o concello actúe para evitar que “haxa un lucro inxusto de xente aluga locais que non son aptos para a residencia de persoas”.

Ademais a edil do BNG acusou á concelleira de servizos sociais, a socialista Ana González Abelleira, de “escusar o retraso da súa xestión tras da aprobación dos orzamentos” e engadiu que “no ano 2013 tiña os orzamentos aprobados e o retraso foi exactamente o mesmo” polo tanto “é mellor que o goberno se poña a traballar e a buscar solucións por que as escusas baratas xa non dan máis de si”.

O BNG PROPÓN A CREACIÓN DUN PLAN DE INTERVENCIÓN SOCIAL PARA MELLORAR AS AXUDAS AO ALUGUEIRO