O BNG PREGUNTARÁ POR QUE NON SE INSTALOU A CASETA DE LACTANCIA MATERNA NO RECINTO FEIRAL

O BNG PREGUNTARÁ POR QUE NON SE INSTALOU A CASETA DE LACTANCIA MATERNA NO RECINTO FEIRAL

 bico2Cristina Ferreiro dixo que “esta caseta viña instalándose nos últimos tempos e este ano non se atendou a solicitude do colectivo Bico de Leite”

 A caseta de lactancia materna daba servizo ás nais e pais que, ademais de alimentar aos nenos e nenas, precisaban un espazo para cambiar cueiros ou quentar bibeiróns

Lugo, 13 de outubro 2014. A edil do BNG, Cristina Ferreiro, presentará unha serie de preguntas dirixidas ao goberno municipal para averiugar as razóns de por que este ano non  se instalou no recinto feiral a caseta que xestionaba a asociación Bico de Leite. Ferreiro explicou que “esta caseta viña instalándose nos últimos tempos e este ano non se atendou a solicitude do colectivo Bico de Leite”. A caseta de lactancia materna daba servizo ás nais e pais que, ademais de alimentar aos nenos e nenas, precisaban un espazo para cambiar cueiros ou quentar bibeiróns

bico1

Para o BNG “non é normal que unha administración como o concello de Lugo non sexa sensible a cuestións deste tipo” e engadiu que “o PSOE desatendeu as festas do San Froilán e parece que   retrocedamos en aspectos nos que se tiña avanzado”. Cristina Ferreiro salientou que “precisamente a concelleira de cultura ten experiencia en este tipo de cuestións polos anos que foi responsábel de servizos sociais e non entendemos como se puido descuidar”. Para o BNG “a pesares de que esta instalación non é necesaria para moita xente da que visita o San Froilán si que é importante para as moitísimas nais e pais que se achegan ás barracas cos seus cativos e cativas”.

Cristina Ferreiro cualificou de “pouco ético” o feito de que a concelleira de cultura trate de “escurrir o bulto” dicindo que a non se presentou ningunha solicitude. “Trátase duna instalación que leva anos funcionando sen ningún problema e o goberno municipal ten que ter a responsabilidade de manter algo que non, ademais, non ten un custo elevado” afrimou Cristina Ferreiro. Para o BNG está claro que na organización das festas deste ano “non houbo unha mínima preocupación polos máis pequenos”.

O BNG PREGUNTARÁ POR QUE NON SE INSTALOU A CASETA DE LACTANCIA MATERNA NO RECINTO FEIRAL