PARA O BNG A CALIDADE DO SAN FROILÁN NON SE CORRESPONDEU CO ORZAMENTO DAS FESTAS

PARA O BNG A CALIDADE DO SAN FROILÁN NON SE CORRESPONDEU CO ORZAMENTO DAS FESTAS

Cartel-San-Froilan-2014“A pesares de que a meteoroloxía e a crise non axudaron os actos programados non foron da categoría que se lles supón a unhas festas que nas que se invisten máis de 600.000 euros” sinalou Paz Abraira

Para o BNG “unha mostra da despreocupación polas festas é que os dous máximos representantes do PSOE no concello abandonaron os actos programados para ir facer a foto coas autoridades eclesiáticas e militares”

Lugo, 13 de outubro 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, foi crítica á hora de valorar o resultado da festas do San Froilán. Abraira afirmou que “cos cartos que se invisten anualmente na organización destas festas o goberno do PSOE debería ter acertado doutra maneira no que é a programación da festas e tamén no seguimento dos eventos programados”. Para os nacionalistas a rogramación foi escasa en cantidade e calidade e segundo Paz Abraira “as actuacións que se venderon como máis importantes non eran ningunha novidade”.

Para o BNG “cun presuposto de máis 600.000 euros non parece normal que os grandes espectáculos das festas sexan orquestras que podemos ver en calquera vila ou pobo da contorna ou grupos xa contratados para o ano pasado e que non se presentaron en Lugo”. O programa de festas do San Froilán foi “escaso, caótico e pouco imaxinativo”. En canto á escaseza do programa, non houbo concertos programados para a Praza de Santa María para as noites de dous días tan significativos como o sábado 4, comenzo das festas, e o Domingo das Mozas. A voceira nacionalista afirmou que “para este resultado non compre gastar 10.000 € na contratación dunha persoa externa á plantilla municipal como fixo o PSOE”.

A respecto dos horarios dos concertos nas diferentes prazas, a edil do BNG dixo que “foi absolutamente caótico para a xente por que non había dous concertos á mesma hora en cada un dos escenarios, está claro que non houbo unha planificación axeitada”. “non foi un programa imaxinativo, xa que cun presuposto de máis de 600.000 euros non parece normal que os grandes espectáculos das festas sexan orquestras que podemos ver en calquera vila ou pobo da contorna”. Ademais os grupos locais quedaron cun papel secundario e non se lles permitiu compartir escenario cos artistas máis destacados das festas e quedou vetado para eles o escenario máis grande das festas.

Para o BNG “unha mostra da despreocupación polas festas é que os dous máximos representantes do PSOE no concello abandonaron os actos programados para ir facer a foto coas autoridades eclesiáticas e militares”. Paz Abraira criticou o feito de que nin o alcalde da cidade, nin o seu segundo asistiran aos actos do día do traxe “parece que o PSOE decidiu deixar os actos do domingo das mozas en mans das mullerese e enviar aos homes ás honras militares”.

Falta de previsión e louvanzas para a oferente a Rosalía

Paz Abraira referiuse tamén á falta de organización dos actos do día do traxe “todo improvisado por que non atenderon á previsións meteorolóxicas para un día no que se adevertira de fortes chuvias”. A voceira do BNG louvou a intervención da oferente á figura de Rosalía de Castro, Luz Darriba, que “fixo unha intervención á altura que o acto merecía” dixo Paz Abraira.

A feira GastroArte foi un engano aos artesáns

Dende o BNG non se ve lóxico a ubicación da feira GastroArte, que deixou aillados aos postos de artesanía que apostaron por participar nestas feira de nova implantanción, “parece que a única preocupación do goberno municipal era a de desfacerse dos manteiros”. Para o BNG a feira GastroArte estivo desconectada do resto do feiral e esto perxudicou seriamente a uns artesáns que se puideron instalar a partir do segundo tramo de Ramón Ferreiro e que abandoaron a feira, algúns deles, antes do seu remate.

Desaparición do San Froilán Miúdo

Dende o BNG criticouse tamén a desaparición do San Froilán Miúdo “as actuacións para os máis novos diluironse no medio do programa de festas”. Paz Abraira dixo que “é outra mostra da desidía deste goberno municipal que se esquencen das nenas e nenos á hora de programar as festas”. En ningún sitio do programa de festas aparecía referencia ás actividades para os cativos e non existiu un espazo no que, a unha hora determinada, se desenvolveran actividades para os máis pequenos como viña sendo costume nos últimos tempos.

PARA O BNG A CALIDADE DO SAN FROILÁN NON SE CORRESPONDEU CO ORZAMENTO DAS FESTAS