“FEIJOO OFRÉCELLES 10 MILLÓNS AOS MINISTERIOS PARA XOGAR AOS AVIÓNS TELEDIRIXIDOS" DIXO COSME POMBO

“FEIJOO OFRÉCELLES 10 MILLÓNS AOS MINISTERIOS PARA XOGAR AOS AVIÓNS TELEDIRIXIDOS" DIXO COSME POMBO

dronO Parlamentario do BNG criticou que o Presidente da Xunta teña previsto gastar 10 millóns de euros en iniciativas do ministerio de defensa e fomento “non é normal que a Galiza financie os proxectos dos ministerios”

Para o BNG “é prioritario facer investimentos en sectores asentados no país e non enganarnos cun futuro baseado en avións dos que non está claro cal vai ser o seu uso”

LUGO, 11 de outubro de 2014. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, criticou que o único anuncio de investimento para a provincia de Lugo, feito por Núñez Feijoo durante o proceso de debate destes días, fora o de entregar 10 millóns de euros para un proxecto de avións teledirixidos no aeródromo de Rozas. Pombo acusou a Feijoo de, unha vez máis, vender “fume para Lugo” e engadiu que “en lugar de defender sectores produtivos como o da leite, a carne, a pesca, o viño, o forestal, anuncia 10 m que crearán 20 empregos en empresas privadas que levarán o seu beneficio para fora de Lugo”. “Non é normal que Galiza financie os proxectos dos ministerios” afirmou Pombo.

Pombo sinalou que a implantación, en Rozas, dun programa de avións non tripulados xa fora cuestionada dende que no ano 2011 se fixera pública esta posibilidade. No ano 2012 falouse, incluso, da posibilidade de situar en Rozas unha das 5 bases que o de avións non tripulados que o Pentágono tiña previsto instalar en Europa. En 2013 fíxose o primeiro voo a través do proxecto Atlante que tiña por obxectivo dotar a estes drons da última tecnoloxía para poder realizar misións militares e civís. Os aparatos que se desenvolven en Rozas.

A proposta de Feijoo viuse reflexada na proposta de resolución número 18 presentada polo partido popular para o Debate anual de política xeral do parlamento. Nesa proposta fálase do “impulso dun Polo Aeronautico en Galiza… e, de maneira especial, no ámbito dos vehículos aereos non tripulados (UAVs)”. A pesares de que na proposto da PP se fala de “uso civil” a traxectoria destes proxectos vinculados a Rozas sempre estivo planeando a sombra da dúbida sobre o seu destino. Para o BNG “é prioritario facer investimentos en sectores asentados no país e non enganarnos cun futuro baseado en avións dos que non está claro cal vai ser o seu uso”

Para o BNG resultan preocupantes as evasivas e o secretismo co que se responde dende o goberno do estado en todo o relacionado con este asunto. Polo que o BNG puido averiguar, a través das súas deputadas no congreso, o Ministerio de Defensa delegou no INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial) a xestión dos proxectos no aeródromo de Rozas. O INTA aluguo as instalacións de Rozas por un periodo de 10 anos para ensaios cos avións non tripulados. Entre os servizos do INTA están os ensaios do proxecto ATLANTE que é un proxecto desenvolvido pola empresa CASSIDIAN.

O BNG xa reclamara, no seu momento, a paralización deste tipo de ensaios en Rozas no caso de que se fagan ensaios e probas de avións non tripulados para uso militar. “Estes avións son tristemente famosos polas masacres e asasinatos civís que provocan en moitos conflitos ao longo do planeta” sinalou Cosme Pombo.

“FEIJOO OFRÉCELLES 10 MILLÓNS AOS MINISTERIOS PARA XOGAR AOS AVIÓNS TELEDIRIXIDOS" DIXO COSME POMBO