O BNG PRESENTA UNHA EMENDA PARCIAL AOS ORZAMENTOS DA XUNTA E PIDE 2 MILLÓNS DE EUROS PARA O EDIFICIO

O BNG PRESENTA UNHA EMENDA PARCIAL AOS ORZAMENTOS DA XUNTA E PIDE 2 MILLÓNS DE EUROS PARA O EDIFICIO

Cosme Pombo dixo que “o edificio debe converterse nun centro de saúde e un PAC tal e como prometeu o partido popular”

O BNG presentou outra emenda pedindo 11.700.000 € para a implantación dos servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear no HULA.

Lugo, a 3 de febreiro de 2013. Cosme Pombo, coincidindo coa próxima celebración do día mundial de loita contra o cancro, anunciou que o BNG presentará no parlamento galego dúas emendas parciais aos orzamentos da Xunta para tratar cubrir as carencias en servizos sanitarios que veñen padecendo os lucenses. As emendas presentadas polos nacionalistas piden un investimento de 11.700.000 € para a implantación dos servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear no HULA.. Un servizos que, segundo Pombo, “son necesarios e a súa implantación debe de estar por enriba dos números e dos resultados económicos”. Cosme pombo lembrou que “son moitos os técnicos e recoñecidos especialistas que ven necesarios estes servizos para Lugo e o PP non ten excusa para seguir castigando aos lucenses por mor dunha decisión política”.

O BNG solicita 2 millóns de euros para a posta en marcha dun centro de saúde e un PAC no edificio da antiga residencia. O BNG presenta esta emenda xa que nos orzamentos da Xunta para este ano 2013 non figuraba ningunha cantidade económica destinada a ningún tipo de actuación no edificio da que foi a Residencia de Lugo. Cosme Pombo dixo que “esta é unha, das moitas, promesas incumpridas do PP” e insistiu en que “hai que darlle unha solución xa a este edificio para evitar o seu deterioro”. Para o BNG a posta en marcha dun centro de saúde e un PAC suporía unha “relativa revitalización do barrio e dos negocios que aínda subsisten na zona”.

Segundo Cosme Pombo “é hora de facer algo co edificio e co barrio da Residencia”. Pombo lembrou as numerosas propostas que se escuitaron dende o partiro popular “hasta dixeron que había que traer para o barrio a comisaría de policía pero nunca fixeron nada”. O edificio da antiga residencia tivo numerosas posibles ocupacións teóricas e ata a conselleira de Sanidade apuntou, nunha comparecencia pública, que os edificios terían que ser derrubados.

O BNG PRESENTA UNHA EMENDA PARCIAL AOS ORZAMENTOS DA XUNTA E PIDE 2 MILLÓNS DE EUROS PARA O EDIFICIO