O BNG PRESENTOU ALEGACIÓNS Á ORDENANZA DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

O BNG PRESENTOU ALEGACIÓNS Á ORDENANZA DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

IMG_1971Paz Abraira dixo que o concello debe elaborar un mapa de ruidos  que permita definir as áreas de maior contaminación acústica

Para o BNG é fundamental que se manteña a delimitación de zonas de saturación acústica

Lugo, 17 de novembro de 2013. A edil do BNG, Paz Abraira, presentou hoxe as alegacións que a formación nacionalista elaborou á Ordenanza de Contaminación Acústica que fora inicialmente aprobada polo pleno e que se atopaba en periodo de exposición pública antes da súa aprobación definitiva. Segundo Paz Abraira “unha ordenanza reguladora da contaminación acústica debe centrase na eliminación desta e na mellora da calidade de vida dos cidadáns” e esto non se conseguirá co actual texto elaborado polo goberno municipal.

Para o BNG “a nova proposta de ordenanza ignora a existencia dos problemas actuais no seu intento de regular as actividades futuras”. Abraira explicou que se incrementa o nivel de ruído a emitir desde 90 dB a 105 dB. Abraira sinalou que unha o BNG non dará o seu apoio a esta nova ordenanza se non se teñen en conta algunhas cuestións como a elaboración, por parte do concello, dun mapa de ruidos que permita definir as áreas de maior contaminación acústica no camiño de reducir esta. Unha das consideracións do BNG neste documento de alegacións é que a contaminación acústica prodúcena as actividades de hostalería e industriais, pero tamén o tráfico e as persoas, polo que todos estes aspectos deben terse en conta á hora de regular as actividades

Abraira tamén sinalou que “é necesario aclarar se esta proposta de Ordenanza Municipal se axusta ao Real Decreto 1367/2007, de 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003 de 17 de novembro, de Ruído, no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas” xa que parece que existen contradicións entre a ORCA e o RD. Algunhas destas diferencias aparecen no que a valores límite de inmisión se refire con respecto ás áreas acústicas e con respecto aos valores límite de ruído transmitido ao exterior así como co ruído transmitido aos recintos das edificacións, concretamente cando o uso receptor é o Industrial e Almacén.

Para o BNG, e dada a inexistencia dunha normativa galega sobre contaminación acústica, debe aplicarse a do RD e non baixar esta, sobre todo en zonas industriais polas súas características. O obxectivo a perseguir será que aquelas actividades industriais que xeren molestias se trasladen a zonas industriais, onde os niveis de emisión de ruído son, loxicamente, máis permisivos que en zonas residenciais.

Para o BNG tamén é preciso que se manteña a delimitación de zonas saturadas, de xeito que mentres non se logre un control efectivo do ruído, se adopten medidas transitorias de control como a prohibición de abrir novos locais de hostalería, a prohibición de circular vehículos, etc. Se o concello establece un sistema de distancias, eliminando as actuais zonas saturadas, só vai implicar que se poidan abrir novos locais de hostalería en zonas onde o nivel de ruído existente supera os límites establecidos, polo que agravará aínda máis o problema existente. O sistema de distancias pode establecerse para as zonas non saturadas sempre e cando o concello revise periodicamente a súa delimitación podendo incluír novas zonas saturadas de ser necesario a petición da propia administración ou das persoas afectadas.

 

O BNG PRESENTOU ALEGACIÓNS Á ORDENANZA DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA