O BNG RECLAMA QUE SE POÑA EN MARCHA O SANEAMENTO DE PÍAS DUNHA VEZ POR TODAS

Visita de concelleiros do BNG á parroquia de Pías
O BNG RECLAMA QUE SE POÑA EN MARCHA O SANEAMENTO DE PÍAS DUNHA VEZ POR TODAS

Visita de concelleiros do BNG á parroquia de Pías

O sistema de saneamento está rematado e aínda non se puxo en funcionamento a pesares de estar conectado á rede eléctrica

Lugo, 18 de decembro de 2013. A edil do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, presentou hoxe un rogo para solicitar do goberno municipal que se proceda á posta en marcha do saneamento na parroquía lucense de Pías.  A rede de saneamento desta parroquia lucense está rematada e conta coas necesarias conexións á rede eléctrica que permiten o seu funcionamento. A pesares de que a obra civil xa estaba rematada, a rede de saneamento estivo sen funcionar durante máis de medio ano por que non estaban conectados os equipos de bombeo á rede eléctrica.

Abraira dixo que “non hai excusas para que os veciños e veciñas conten, por fin, cun sistema de saneamento que levan agardando dende hai moito tempo”. Abraira lembrou que os veciños e veciñas xa pagaron, fai tempo, polas conexións á rede aínda así non puideron facer uso do mesmo. O BNG entende que a posta en funcionamento deste sistema para a parroquía de Pías debe ser inmediato. As obras foran financiada con máis de 570.000 € de fondos do plan E e non se puxo en servizo, durante máis de medio ano, por que non se conectaron os equipos de bombeo á rede eléctrica. O proxecto para a instalación eléctrica necesaria para facer funcionar o sistema estaba previsto nuns 16.000 euros e neste momento está executado.

O BNG RECLAMA QUE SE POÑA EN MARCHA O SANEAMENTO DE PÍAS DUNHA VEZ POR TODAS