“O PSOE SERÁ O RESPONSÁBEL DE QUE NON SE APROBEN OS ORZAMENTOS” DIXO ANTÓN BAO

“O PSOE SERÁ O RESPONSÁBEL DE QUE NON SE APROBEN OS ORZAMENTOS” DIXO ANTÓN BAO

 

Tras unha xuntanza mantida con representantes do goberno municipal os nacionalistas manteñen a súa posición respecto á aprobación dos orzamentos

Antón Bao sinalou que “será a primeira vez que o concello de Lugo vexa prorogados os seus orzamentos” e lembroulle a Orozco que “preside un goberno en minoría”

Lugo, a 12 de decembro de 2013. O Grupo Municipal do BNG manterá a súa postura respecto da aprobación dos orzamentos municipais do concello de Lugo para o ano 2014. Así o afirmou o voceiro do BNG, Antón Bao, tras unha xuntanza con representantes do goberno municipal. Bao afirmou que “o PSOE será o responsábel de que non se aproben os orzamentos” por que “non quixo apoiar un modelo alternativo”, Bao engadiu que “o BNG non vai negociar uns orzamentos sen obxectivos políticos para beneficiar ás persoas”.

Antón Bao sinalou que “será a primeira vez que o concello de Lugo vexa prorogados os seus orzamentos” e lembroulle a Orozco que “preside un goberno en minoría”. Bao ve unha iresponsabilidade por parte do PSOE o feito de non ter cumprido cos acordos aos que chegou dada a súa situación de goberno en minoría. A negativa do BNG para non apoiar a proposta de orzamentos do 2014 está baseada, fundamentalmente, no incumprimento dos acordos aos que chegaran nacionalistas e socialistas para a aprobación dos orzamentos de 2013. BNG e PSOE acordarán unha serie de puntos para aprobar os orzamentos de 2014 e tamén os remanentes. Pero Antón Bao afirmou, tamén, que “está claro que ámbalas dúas forzas plantexan un diferente modelo de cidade”.

O voceiro municipal do BNG, Antón Bao, dixo que “o PSOE preferiu priorizar outras cuestións antes de efectivizar os compromisos adquiridos co BNG” e engadiu que “o BNG cumpre coa parte que lle compre con seriedade e rigor pero non vai admitir os incumprimentos premeditados do PSOE”.  Bao sinalou que o PSOE, no concello de Lugo, se negou a outra política fiscal, a outro proxecto social máis avanzado centrado na xente que peor o está pasando. Bao lembrou que o goberno de Orozco se negou a poñer en marcha proxectos de promoción de emprego, propostos polo BNG, que “quedaron adiados como se non houbera presa”.

Para Antón Bao o PSOE “é o partido do non sei, non podo, non vou facer política para a xente, non me movo a ver que pasa”. Bao dixo que o goberno municipal fora  advertido en diversas ocasións ao longo do ano de que as cuestións pactadas non se estaban a cumprir. Antón Bao dixo que “non imos aceptar escusas de mal pagador nin imos creer que se vai cumprir en 20 días o que non se cumpriu en 11 meses”. Respecto á posibilidade de que o goberno cumpra cos seus compromisos no que queda de ano, Antón Bao dixo que “se en 11 meses non se fixo nada non se vai facer neste mes” e engadiu que “a concelleira de economía é demasiado optimista xa que se non foron capaces de cumprir ata agora non o van a poder xestionar en escasos 20 días”. Un absoluto desinterese á hora de efectivizar o acordo.

“O PSOE SERÁ O RESPONSÁBEL DE QUE NON SE APROBEN OS ORZAMENTOS” DIXO ANTÓN BAO