O BNG PRESENTOU A MANIFESTACIÓN DO 15-S QUE SE CELEBRA BAIXO O LEMA “POR UNHA PATRIA SOBERANA”

O BNG PRESENTOU A MANIFESTACIÓN DO 15-S QUE SE CELEBRA BAIXO O LEMA “POR UNHA PATRIA SOBERANA”

“Mobilicémonos para tentar parar a política de recortes do PP que afecta ás persoas”

Desde o BNG acusan aos populares de non ter proxecto para sacar adiante o país

Lugo, 11 de setembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego chama a unha participación masiva na manifestación do vindeiro domingo, 15 de setembro, en Santiago de Compostela. Con esta mobilización, que se celebra baixo o lema Por unha Patria Soberana, o BNG quere chamar a atención sobre a necesidade “de contar cunha soberanía propia na Galiza para defender as conquistas sociais e rescatar a democracia secuestrada polos poderes económicos”.

O BNG aposta pola autoorganización do pobo galego e por esixir ao Partido Popular que mude as súas políticas que destrúen emprego, pechan empresas, crean pobreza e desigualdades sociais e rematan co benestar dos cidadáns.

Esther López, responsábel da formación nacionalista, asegura que “co 23% de paro e o 50 % de paro xuvenil, recorte de servizos e dereitos, estafas bancarias, desafiuzamentos, medre das desigualdades e da exclusión social... A prioridade para o BNG é combater a crise, unha crise que é roubo aos pobos e ás clases populares”.

Esther López convidou a toda a xente a participar nesta mobilización e insistiu na importancia da mobilización masiva “para que os populares se decaten de que a maioría social está na súa contra e non aproba o seu xeito de gobernar. Todos os que queiran un cambio a mellor neste país, con independencia das súas sensibilidades políticas, e non queiran ser gobernados por un partido corrupto que mentres os seus dirixentes piden sacrificios ao pobo estes cobran sobresoldos en negro”.

Mario Outeiro informou de que haberá autobuses dispoñíbeis para todos e todas as que queiran achegarse a Santiago de Compostela e que poderán reservar praza e informarse dos puntos de saída no teléfono: 982.280 410.

O BNG PRESENTOU A MANIFESTACIÓN DO 15-S QUE SE CELEBRA BAIXO O LEMA “POR UNHA PATRIA SOBERANA”