O BNG PROPÓN QUE SE DESTINE 1 MILLÓN EUROS DOS REMANENTES A ACCIÓN SOCIAL E ACCIÓN ECONÓMICA

O BNG PROPÓN QUE SE DESTINE 1 MILLÓN EUROS DOS REMANENTES A ACCIÓN SOCIAL E ACCIÓN ECONÓMICA

IMG_3479Paz  Abraira dixo que o BNG non vai entrar na “batalla das obras” e alusión ás acusacións mutuas entre Orozco e Castiñeira

Os nacionalistas incluen na súa proposta partidas para acción social e económica ademais de investimentos en cultura, medio ambiente, seguridade,  participación veciñal e obras no ámbito rural e urbano

Lugo, 23 de abril, 2014. O BNG presentou hoxe a proposta para aplicar os remanentes de tesourería para gastos xerais deste ano 2014. A voceira do BNG, Paz Abraira, explicou que dentro da partida de remanentes hai 3 millóns de euros que se poden invertir en cousas que diferentes ás obras. O BNG aposta por adicar  un total de 600.000 euros a programas de acción social e 400.000 € a programas de acción económica. Os nacionalistas incluen na súa proposta partidas para acción social e económica ademais de investimentos en cultura, medio ambiente, seguridade,  participación veciñal e obras no ámbito rural e urbano

Os nacionalista rexistraron unha proposta na que se incluen, ademais das partidas para servizos sociais, unha partida para axudar a empresas e autónomos, investimentos en seguridade e para a Escola Municipal de Música. Ademais o BNG presenta unha serie de propostas para a realización de obras, fundamentalmente no extraradio da cidade e nas parroquias. Paz Abraira, que calificou de "batalla das obras" os acusacións mutuas entre Orozco e Castiñeira, dixo que “o BNG non vai entrar nesa batalla por que a proposta do BNG é para que se adiquen parte dos cartos dos remanentes a quenes máis o necesitan”.

En canto aos programas de acción social o BNG reclama un incremento de 140.000 € na partida de emerxencia social para o 2014 e a creación dun programa específico eliminación pobreza enerxética que estaría dotado con 100.000 € para que “non haxa ninguén que pase frio o próximo inverno nin persoas maiores, nin nenos, nin nenas” dixo Paz Abraira. Ademais, dende o BNG, propoñen incrementar con 160.000 € a partida do programa de alugueiro de vivenda para que todo o mundo poida pagar a súa vivenda.

Paz Abraira explicou a necesidade de dotar con 100.000 € un novo programa para o pago de vivenda hipotecada e explicou que esta axuda tería que estar adicada ao pago de intereses dado que a lei indica que sería o único que se pode pagar a través de axudas. Outro programa proposto polos nacionalistas estaría destinado á erradicación pobreza extrema e contaría con 100.000 € sería un programa específico elaborado desde os servizos sociais para atender á pobreza extrema e que abordaría aqueles casos que teñen dificultades para entrar noutro tipo de axudas como emerxencia social, programa de alugueiro, etc. Outro programa proposto polo BNG iría dirixido á mellora bolsas de estudo e pago de comedores escolares: 60.000 €. “É preciso incrementar as bolsas de estudo e garantir que todos os cativos/as escolarizados con dificultades económicas teñan acceso ao comedor escolar de maneira gratuíta” sinalou a voceira nacionalista.

Acción económica

Para as propostas do programa de acción económica o BNG solicita unha partida de 500.000 € que estaría destinados a unha liña de axudas ao mantemento de actividade para as pequenas empresas e autónomos lucenses con 200.000 € e outra liña de axudas ao mantemento da contratación e ao autoemprego dirixido á pequena empresa lucense e aos autónomos/as con 100.000 €. Ademais os nacionalistas propoñen outra liña de axuda para rehabilitación e mellora de edificacións fóra da zona monumental dotada con 200.000 €

Cultura e seguridade

Paz Abraira cargou con dureza contra o goberno municipal por ter utilizado ao alumnado da Escola Municipal de Música para atacar á oposición cando “na proposta de orzamentos que o PSOE tiña para o 2014 reducía á metade a partida que a Escola Municipal de Música tiña no ano 2013”. A proposta do BNG plantexa unha partida de 67.500 € para material e instrumentos escola de música e da banda de música. Respecto a incrementar a seguridade o BNG propón que se adique unha partida de 300.000 € para material de sinalización itinerarios escolares seguros, zonas peonís e zona circulación bicicletas. Ademais outra partida de 100.000 € estaría destinada á eliminación de barreiras arquitectónicas. O BNG tamén inclúe nas súa proposta a compra da escaleira para os bombeiros da que Paz Abraira afirmou que “é necesaria dende fai 10 anos”.

Medio ambiente e participación

Paz Abraira dixo que “Lugo precisa dunha aposta clara pola compostaxe, como sempre defendeu o BNG e non é suficiente con que o Sr. Luis Lamas veña a Lugo a repartir 20 composteiros” por eso o BNG propón unha partida de 200.000 € para a implantación dun programa de compostaxe comunitaria e caseira. Outra das partidas reclamadas polo BNG estaría destinada a instalación dun parque infantil cuberto na Milagrosa (80.000 €) e a dotar de mobiliario Praza Agro do Rolo (20.000 €). Paz Abraira pediu tamén que a Deputación aclare se mantén a achega prevista para a creación dunha praia fluvial pública e se non que se inclua unha partida destes remanentes para este fin. Os nacionalista propoñen, unha vez máis, a posta en marcha duns orzamentos participativos reais, nas áreas de infraestruturas, medio ambiente, seguridade víal, cultura, deportes e participación cidadá.

A respecto das obras as propostas dende o BNG son:

-          Zona rural:

  • Rede de abastecemento de auga ás parroquias de Orbazai, Adai e Bocamaos desde os depósitos de Penarrubia.
  • Mellora de pistas e camiños en

    • Saa

-          Arranxo pontella en Barreiro

-          Arranxo pista da estrada de Portomarín ao lugar de Barreiro

 

  • Ribas de Miño

-          Arranxo pista de San Mamede até o final das vivendas

-          Arranxo pista e muro de contención en Alongar

-          Canalización auga camiño público en Ribas de Miño

-          Colocación punto de luz pista Alongar-Ribadelo

 

  • Rubiás

-        Arranxo camiño unión Pedreda-Rubiás (tramo Rubiás)

 

  • San Mamede dos Anxos

-        Arranxo da pista de Barxa

 

  • Orbazai

-          Pista de Caldepeón

-          Asfaltado en quente do cambio de sentido debaixo da Ponte Nova

-          Pista que vai até a ponte do Mera nos Pasos

-          Canalización do manancial e arranxo da pista que está xusto por riba do lavadoiro

-          Amaño con grava da pista duns 15 metros pegada ao local social (escola) que no seu día os veciños cederon ao concello

 

  • Tirimol

-          Arranxo da pista que vai desde o límite con Outeiro até A Brea

 

  • Romeán

-          Arranxo do tramo de pista do concello de Lugo que vai de Roméan a Vilaceleiro.

 

  • Santalla de Lamas

-          Pista que vai da Nacional VI ao núcleo de Corral de Abaixo e de alí A Portela

  • Outeiro

-          Pista que vai do Campo da Festa até o mesmo núcleo de Outeiro

 

  • Santa Comba

-          Pista que sae da Igrexa e vai por O Lugar até A Gándara

-          Pista que vai desde o cruce que chaman A Poza de Puga até Pedrafita

 

-          Zona Urbana:

  • Programa de sustitución tubaxe auga rúas máis deterioradas e reasfaltado das mesmas
  • Programa de mellora de beirarruas nos barrios de Lamas de Prado e Fingoi
  • Melloras alumeado público nos barrios periféricos
  • Arranxo Rúa Azor
  • Peonalización da Rúa Xesús Bal y Gay
  • Melloras en Estrada Vella Santiago (rotonda para facilitar xiro)
  • Arranxo Rúa Monforte
  • Mellora conexión R/Manuel María con R/Mar Cantábrico
  • Arranxo tramo final R/Santo Graal
  • Remate eliminación tapón en R/Dona Urraca con R/López Guntín
  • Polígono do CEAO (rotondas Avda. Benigno Ribera)
  • Arranxo rúas Torre de Doncos e San Xosé
  • Mellora do estado xeral do paso soterrado baixo a N-VI que dá acceso ao campo de fútbol Anxo Carro
  • Asfaltado e mellora de vías do extrarradio cidade: Rúas Camiño de Roca e Camiño de Romai, Mazaira, Flor de Lirio, Pedáneo Xoan Diego…

O BNG PROPÓN QUE SE DESTINE 1 MILLÓN EUROS DOS REMANENTES A ACCIÓN SOCIAL E ACCIÓN ECONÓMICA