O BNG PEDIRÁ NO PLENO DE OUTEIRO DE REI A RETIRADA DO PROXECTO DE DELIMITACIÓN DE POLÍGONOS

O BNG PEDIRÁ NO PLENO DE OUTEIRO DE REI A RETIRADA DO PROXECTO DE DELIMITACIÓN DE POLÍGONOS

P1050039Os nacionalistas lembrarlle ao alcalde que “se quere facilitar a edificación o que ten que facer é desenvolver o Plan Xeral e abandonar a política caciquil que mantén dende o século pasado

“A ampliación do plazo de alegacións non é a solución para os veciños e veciñas perxudicados por este proxecto iniciado polo PP de xeito unilateral” dixo Arcadio Lombao

Outeiro de Rei, 24 de abril 2014. O BNG levará ao pleno do concello de Outeiro de Rei unha moción para esixir a paralización e retirada do proxecto de delimitación dos polígonos do solo urbano non consolidado. Dende o BNG lembraron que o concello de Outeiro de Rei é un dos poucos concellos galegos que non conta cun plan de ordenación. O goberno, do partido popular, nunca iniciou os trámites para a elaboración dun Plan Xeral de ordenamento. En relación as recentes declaracións do alcalde popular os nacionalistas din que “se quere facilitar a edificación o que ten que facer é desenvolver o Plan Xeral e abandonar a política caciquil que mantén dende o século pasado”.

Os nacionalistas criticaron tamén que “o alcalde pretenda enganar aos veciños e veciñas anunciando unha apliación do prazo de alegacións”. “O feito de ampliar o prazo de alegacións non vai variar o fondo do problema” xa que, explicou Arcadio Lombao, “as persoas perxudicadas continuarán perdendo as súas terras, as súas vivendas e por riba tendo que pagar a súa parte proporcional da urbanización”. Dende o BNG afírmase que “o alcalde trata de enganar á xente dicindo que a Lei obriga a iniciar este proceso”. Neste momento xa está no Parlamento Galego un proxecto de modificación da Lei de Solo que deixará sen efecto a aprobada no ano 2002.

Por decreto da Alcaldía, iniciouse con data 6 de febreiro de 2014, un proceso para a delimitación de polígonos urbáns a ámbalas dúas marxes da NVI, ao seu paso por Outeiro de Rei. O goberno municipal puxo en marcha este proceso de xeito unilateral, sen contar para nada cos propietarios e propietarias dos terreos aos que afecta esta delimitación de polígonos. “Este xeito de actuar do goberno municipal creou unha gran indignación entre veciños e veciñas xa que, previamente, non se mantivo ningunha xuntanza para aclarar e chegar a acordos na configuración dos polígonos” dixo Arcadio Lombao, edil do BNG.

Dende o BNG sinalan, unha vez máis, que “esta actuación obedece a un capricho urbanístico do alcalde que, neste momento, somentes serve para meter á xente en gastos innecesarios”. A actuación programada polo goberno municipal pretende a creación de dúas vías de servizo e a súa urbanización nas dúas marxes da N-VI. Este proxecto suporá, segundo o BNG, “que veciños e veciñas teñan que asumir os costes de urbanización, que perdan parte de seus terreos e o derrubo de varias vivendas”. Para o BNG “non é de recibo que o alcalde pretenda aplicar agora a Lei do Solo do ano 2002 causando un grave perxuizo a veciños e veciñas”.

Dende o BNG criticaron o “modus operandi” do goberno municipal que, neste caso, comunicaronlle ás persoas afectadas a súa situación un mes despois de que saise publicado no BOP o decreto da alcaldía. Lombao explicou que “ademais de perder un mes de prazo para presentar as alegacións os veciños e veciñas so poderán ser recibidos pola arquitecta municipal os luns”. Para o BNG esto supón un menoscabo dos dereitos das persoas afectadas que “ademais de pagar os gastos de urbanización, perder as súas terras e a súas vivendas terán que afrontar gastos de asesoramento por que a arquitecta municipal no poderá atender, en apenas 4 luns aos máis de 200 afectados ”.

O BNG PEDIRÁ NO PLENO DE OUTEIRO DE REI A RETIRADA DO PROXECTO DE DELIMITACIÓN DE POLÍGONOS