PAZ ABRAIRA DI QUE “OS DOUS PARTIDOS TOCADOS POLA CORRUPCIÓN PÓÑENSE DACORDO POR 13 MILLÓNS DE EUROS

PAZ ABRAIRA DI QUE “OS DOUS PARTIDOS TOCADOS POLA CORRUPCIÓN PÓÑENSE DACORDO POR 13 MILLÓNS DE EUROS

O BNG foi a única forza política que presentou formalmente unha proposta para investir os remanentes do concello de Lugo

“PP e PSOE escenifican un pacto oscuro para sacarse de enriba os problemas dos remanentes e do PXOM” afirmou Paz Abraira

Lugo, 25 de abril, 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, acusou hoxe a PP e PSOE de pechar un pacto oscuro, no concello de Lugo, sen luz e taquígrafos e de costas aos lucenses. Abraira afirmou que o “o BNG foi a única forza que remitiu unha proposta a través do rexistro do concello aos outros grupos” e por iso “o BNG vai defender a súa proposta de remanentes, a única que vai chegar legalmente as comisión do pleno e que a fixemos integramente pública xa que os termos do acordo entre PP e PSOE son descoñecidos”.

Paz Abraira dixo que “o pacto serviralles para sacarse de enriba dous grandes problemas” e explicou que “o PSOE aprobará as obras dos remanentes e o PP aprobará definitivamente o plan xeral que acordara co PSOE e que lle está a ter moitos custos políticos”. A escenificación do acordo, que vai beneficiar ás dúas forzas, supón a evolución dun modelo vivo como o que xa se deu no concello de Vigo e que “é a plasmación dunha chamada que, a nivel estatal están a facer os dous grandes partidos”. Abraira dixo que “será esta situación, que se da hoxe en Lugo e se deu en Vigo, a que se dará en Coruña, Santiago e Ourense”. O BNG segue esixindo a dimisión do alcalde e de todos os cargos imputados por corrupción, cousa que non fan PP nin PSOE que agora chegan a acordos.

Os medios de comunicación xa apuntaban a posibilidade que este acordo entre PP e PSOE pode ser unha posibilidade de poder acordar os orzamentos de 2014 o que significa que é o comenzo do apoio mútuo entre os dous partidos tocados pola corrupción. Paz Abraira dixo que “non saberemos o que se oculta detras dese acordo” máis sabemos que a motivación “para o comenzo deste goberno oculto entre PP e PSOE son 13 millóns de euros de remanentes unha cantidade máis que importante para que se poñan dacordo”.

A voceira nacionalista avanzou que con este acordo “PP e PSOE daranse un lavado de cara coas partidas de caracter social” pero “a realidade demostrarará que son poucas as partidas que se destinan a algo distinto a manter as empresas da construcción”. Abraira dixo que en Lugo hai outras moitas empresas que non son da construción que tamén necesitan de partidas económicas como propoñia o BNG no seu plan económico. Ademais para o BNG supón “un clamor a falta de capacidade para atender ás persoas que máis o necesitan dende os servizos sociais” xa que “PP e PSOE tiñan 13 millóns para atender, dende os servizos sociais, a moitas persoas que o están pasando realmente mal en Lugo”.

Saneamento de Pías

Paz Abraira informou que o saneamento de Pías xa está funcionando, leva unha semana bombeando as augas pluviais, pero non se lles comunicou aos veciños e veciñas que levan máis dun ano agardando, e coas taxas pagadas, para poder conectarse á rede de saneamento. “Esto demostra, unha vez máis, cales son as prioridades do goberno de Orozco que nin se ocuparon de avisar a veciños e veciñas” sentenciou Paz Abraira.

PAZ ABRAIRA DI QUE “OS DOUS PARTIDOS TOCADOS POLA CORRUPCIÓN PÓÑENSE DACORDO POR 13 MILLÓNS DE EUROS