“NON FACERLLE FRONTE AO TAXAZO DE SOGAMA PODE SER PARTE DO OSCURO ACORDO PP-PSOE” DIXO PAZ ABRAIRA

“NON FACERLLE FRONTE AO TAXAZO DE SOGAMA PODE SER PARTE DO OSCURO ACORDO PP-PSOE” DIXO PAZ ABRAIRA

Para o BNG é inadmisible que “a día de hoxe o goberno municipal non teña decidido se vai recurrir a taxa imposta por SOGAMA ou vai repercutir sobre os lucenses”

Neste momento o goberno municipal ten 13 millóns de euros para gastar e vailles repercutir a veciños e veciñas unha taxa inxusta dictada pola Xunta e SOGAMA unilateralmente

Lugo, 28 de abril 2014. Na comisión municipal de medioambiente celebrada hoxe no concello de Lugo o goberno municipal deu resposta ás preguntas do BNG sobre a súa intención a respecto da nova taxa imposta por SOGAMA e pola Xunta de Galiza. Paz Abraira informou que “a día de hoxe o goberno non ten decidido aínda se vai a repercutir os 700.000 € de suba sobre os lucenses ou non”. Abraira dixo que “no BNG non sabemos se o feito de non facerlle fronte ao taxazo forma parte do oscuro acordo que PP e PSOE están cociñando estes días”. A voceira nacionalista lembrou que “nestes momento dispoñen de 13 millóns para gastar  e non é normal que sobrecarguen as economías domésticas cunha nova taxa”

Para o BNG “o goberno municipal debería negarse ao pago dunha taxa que decidiron unilateralmente SOGAMA e Xunta e vai contra os lucenses e contra os intereses municipais”. A voceira do BNG, Paz Abraira, xa reclamara do goberno municipal de Lugo que “se recurra a suba de taxas imposta por SOGAMA e que non repercuta nas veciñas e veciños de Lugo a suba dos 700.000 euros que suporá para o noso concello”. A voceira nacionalista lembrou que “a Xunta xa nos está a cobrar o canon da auga ao que se opuxo o BNG no seu día e que agora todos e  todas podemos ver nos nosos recibos”.

Abraira explicou que a aplicación deste canon da auga supón aproximadamente un 12% para os domicilios particulares e representa un 4% para os locais de oficina. A suba que SOGMA lle vai aplicar ao concello de Lugo non vai supoñer ningunha mellora para ninguén agás para salvar o resultada de contas das compañías electricas que teñen participación accionarial en SOGAMA”. A suba imposta por SOGAMA, coa conivencia da Xunta de Galiza e do PP, aplicouse de xeito unilateral por parte da empresa, sen contar para nada cos concellos, e incumprense os contratos suscritos entre os entes municipais e a empresa para o tratamento do lixo.

Alternativas a SOGAMA

A edil nacionalista lembrou que o concello de San Sadurniño, gobernado polo BNG, organizará unhas xornadas para estudar diversas alternativas á xestión de residuos. Unhas alternativas que deben pasar pola redución e pola creación de plantas de tratamento nas distintas zonas xa que “non é normal andar paseando o lixo por todo o país” afirmou Abraira. A edil nacionalista lembrou tamén que “no bipartito no que participou o BNG entre os anos 1999 e 2003 estaba prevista a creación dunha planta de compostaxe para o concello de Lugo, unha planta á que se negou Orozco e que hoxe tería solucionado o problema que se lle plantexa agora ao concello”.

Os cartos da Xunta solo se destinan a SOGAMA. Abraira tamén se referiu á planta de tratamento do Barbanza á que á que se acaba de sumar, o concello de Rianxo, tamén gobernado polo BNG.

“NON FACERLLE FRONTE AO TAXAZO DE SOGAMA PODE SER PARTE DO OSCURO ACORDO PP-PSOE” DIXO PAZ ABRAIRA