AS VERDADES SOBRE A RESIDENCIA PARA MAIORES DE GUITIRIZ

AS VERDADES SOBRE A RESIDENCIA PARA MAIORES DE GUITIRIZ

pereiraGuitiriz, 28 de abril de 2014. O concelleiro do BNG de Guitiriz, Xosé Lois González Souto, non se explica porque o PSOE, no goberno da Deputación, e o goberno municipal do PP non contan toda a verdade sobre os proxectos que teñen para a construción da residencia para maiores na Casa da Botica.

Comenta Peeira que “o proxecto que incialmente se asinou entre a Deputación e o, daquela, goberno socialista de Guitiriz en maio de 2011, a través da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo ( SUPLUSA ), sería rendible nun prazo de como mínimo 30 anos”. Estes cálculos estaban feitos sempre e cando se adicara totalmente a residencia de maiores e coas 24 prazas proxectadas. O custe previsto para as persoas usuarias de, como mínimo, 1000 euros mensuais estaba calculado para aquela época, hoxe posiblemente superará esta cantidade.

O proxecto alternativo que presentou o goberno  do PP para a Casa da Botica non sería nada rendible porque prevé como mínimo  10 prazas de residencia e 20 para o Centro de Día. Este Centro de Día, como todo o mundo sabe, ten uns custes moi inferiores para o usuario, e polo tanto faría inviable a inversión  como ben explicou o director-xerente de SUPLUSA  na segunda reunión da comisión de seguimento celebrada o 20 de decembro de 2012, (que por certo non está convidado o BNG). Nesta xuntanza comentou o director-xerente que ao ser SUPLUSA unha sociedade mercantil pública, (non unha administración pública), as súas inversións están condicionadas ao retorno da inversión,  e que a actuación se vai a financiar con un crédito que hai que devolver en coherencia coa súa natureza societaria. A devolución do crédito debe proceder da explotación da inversión.

Como se aprecia nas actas da comisión de seguimento a palabra “ rendibilidade“ e a máis usada porque aínda que SUPLUSA e una sociedade mercantil sen ánimo de lucro ten que haber unas garantías para que no prazo de 30 anos se poida recuperar a inversión do millón douscentos mil euros.

Estamos polo tanto, comenta Pereira, “ante una inversión moi rendible politicamente para o sr. Besteiro, actual secretario xeral do PSdeG, como presidente da Deputación que xestionaría  a residencia durante 30 anos”. Pereira engadiu que se trata dun préstamo a longo prazo, que faría das persoas usuarias as únicas responsables da devolución do préstamo e dos que se está a falar moi pouco tanto polo PP como polo PSOE”.

Para o BNG calquera dos proxectos hoxe en día é moi curto para as necesidades de Guitiriz polo que o sensato sería costruir un complexo público canto antes  con garantía de acoller a demanda nun futuro próximo e que dera cobertura a cada vez máis envellecida poboación do concello.

AS VERDADES SOBRE A RESIDENCIA PARA MAIORES DE GUITIRIZ