O ALCALDE DE OUTEIRO DE REI IMPIDE O DEBATE DA MOCIÓN DO BNG SOBRE A DELIMITACIÓN DE POLÍGONOS

O ALCALDE DE OUTEIRO DE REI IMPIDE O DEBATE DA MOCIÓN DO BNG SOBRE A DELIMITACIÓN DE POLÍGONOS

P1050039Os nacionalistas acusan ao rexedor do PP de prácticas “predemocráticas” por non permitir que se votara a urxencia da moción presentada polo BNG e vetar así o debate sobre este asunto 

“Está claro que o PP non quere que se fale deste asunto que perxudicará gravemente a moitos veciños e veciñas ” dixo Arcadio Lombao

Outeiro de Rei, 29 de abril 2014. O BNG denunciou a actitude “predemocrática” do alcalde no pleno da corporación celebrado onte. O alcalde, do partido popular, non permitiu que se debatera a moción presentada polo BNG na que se pedía a retirada do proxecto de delimitación de polígonos. O edil nacionalista, Arcadio Lombao, pediu en numerosas que se debatese a urxencia desta moción e o alcalde negou en todo momento esta posibilidade. “Está claro que o PP non quere que se fale deste asunto que perxudicará gravemente a moitos veciños e veciñas de Outeiro de Rei” dixo Arcadio Lombao. Os nacionalistas xa anunciaron que presentarán de novo esta moción para o vindeiro de pleno municipal.

O BNG presentou, para o seu debate no pleno do concello de Outeiro de Rei, unha moción para esixir a paralización e retirada do proxecto de delimitación dos polígonos do solo urbano non consolidado. Segundo explicou o concelleiro nacionalista, Arcadio Lombao, “en ningún momento o alcalde tivo vontade de debater publicamente sobre este asunto e aproveitou a súa potestade para evitar o debate no pleno”. O alcalde impediu que se debatera e votara sobre a urxencia da moción, trámite necesario para que a proposta se eleve ao seu debate plenario.

Dende o BNG lembraron que o concello de Outeiro de Rei é un dos poucos concellos galegos que non conta cun plan de ordenación. O goberno, do partido popular, nunca iniciou os trámites para a elaboración dun Plan Xeral de ordenamento. Os nacionalistas sinalaron que este é un asunto que para o PP vai ter un elevado coste político por que atenta directamente contra os intereses de moitos veciños e veciñas e que se fai “por un capricho urbanístico do alcalde que, neste momento, somentes serve para meter á xente en gastos innecesarios”.

O ALCALDE DE OUTEIRO DE REI IMPIDE O DEBATE DA MOCIÓN DO BNG SOBRE A DELIMITACIÓN DE POLÍGONOS