O BNG proporá a posta en marcha dun programa de instalación de composteiros comunitarios

O BNG proporá a posta en marcha dun programa de instalación de composteiros comunitarios

Rubén Arroxo lembrou que “hai lugares como Allariz nos que este tipo de experiencias xa son unha realidade”

O concello de Lugo está pagando por enviar a SOGAMA toneladas de materia orgánica que se podería aproveitar para hortos, xardíns ou explotacións agrícolas

 compost herba 1

Lugo, 5 de xullo 2016. O BNG - AA presentaralle unha proposta ao goberno municipal para a posta en marcha dun programa de instalación de composteiros comunitarios. Rubén Arroxo explicou que “neste momento o concello de Lugo está pagando por enviar a SOGAMA toneladas de materia orgánica que se podería aproveitar para hortos, xardíns ou explotacións agrícolas” e engadiu “ademais dos gastos e recollida e transporte o custo de procesamento dunha tonelada de lixo en SOGAMA ronda os 80 €”.

 

Rubén Arroxo afirmou que “ademais dos restos orgánicos que se producen nos domicilios, detectamos que se están a tirar aos contedores restos de podas e incluso sacos con cespede cortado en xardíns”. O BNG-AA propón que a experiencia se inicie en algunha zona rural ou semiurbana para “testar os resultados” e sinalou “nós temos claro o xeito de facelo xa que en concellos como Allariz esta experiencia xa está funcionando cun resultados moi aceptables”

 

A proposta dos nacionalistas pasa pola instalación das chamadas illas de compostaxe, nas que se instalan composteiros que a propia veciñanza xestiona. A posta en marcha desta iniciativa ten que comezar cun plan de concienciación entre veciñas e veciños e que deben coñecer como funcionan os composteiros comunitarios e implicarse no programa. Ademais de incidir nun importante aforro na xestión de residuos, as persoas que participan poden beneficiarse aproveitando o compost que producen para os seus hortos, xardíns ou explotacións agrícolas.

 

Arroxo sinalou que “hai que darse conta que estamos pagando por transportar e xestionar centos de toneladas de auga que, en condicións normais, deberían incorporarse de novo á terra”. Lugo conta con 54 parroquias e moitas zonas semiurbanas nas que o aproveitamento da matería orgánica en forma de compost é totalmente factible. O programa podería iniciarse en dúas ou tres zonas de xeito experimental para irse implantado na totalidade do territorio do concello de Lugo, segundo Rubén Arroxo.

O BNG proporá a posta en marcha dun programa de instalación de composteiros comunitarios