O BNG RECLAMA QUE XUNTA E CONCELLO CUBRAN AS NECESIDADES DAS PERSOAS MÁIS AFECTADAS POLA CRISE
O Consello Local de Servizos Sociais deberá reunirse antes da elaboración dos orzamentos municipais para que as asociacións poidan facer as súas aportacións
O BNG levará unha moción ao pleno do Concello pedindo que se cumpran os prazos de pago da RISGA neste momento estanse producindo retrasos no pago da RISGA de ata ooito meses mentres que a lei fixa un prazo de dous meses para atender este pagamento dixo Cristina Ferreiro
Lugo, 30 de maio 2014. A edil don BNG no concello de Lugo, Cristina Ferreiro, avaliou a xuntanza do Consello Local de Servizos Sociais celebrada onte e anunciou a presentación dunha moción para que se cumpra cos prazos para o pagamento da renda de inclusión social de Galiza. Ferreiro dixo que o BNG reclama que tanto a Xunta como o Concello poñan os medios necesarios para cubrir as necesidades das persoas máis afectadas pola crise. Unhas necesidades, explicou a edil do BNG, que se incrementaron o 15 %, na demanda de recursos dos servizos sociais locais a respecto das axudas de emerxencia, neste primeiro trimestre en relación a o ano pasado.
Cristina Ferreiro dixo que tal e como recoñeceron dende o goberno local na partida de remanentes non aparecerá ningunha partida específica para atender a emerxencia social e engadiu que non se pode alegar que o concello non conta con recursos xa que, neste momento, o goberno dispón de 13 millóns de euros de remanentes de anos anteriores. No ano 2013, e grazas ao BNG, a partida destinada a atender a emerxencia social incrementouse de xeito significativo pasando de 150.000 a 300.000 e neste ano debería manterse ese incremento. Esto é o que o BNG reflexou na súa proposta para investir os remanentes dos que dispón o concello de Lugo neste momento aclarou Cristina Ferreiro.
Segundo explicou a edil nacionalista o goberno municipal non fixo nada para estudar o perfil dos novos demandantes da emerxencia social que están a acudir aos servizos sociais municipais. Cristina Ferreiro dixo que o BNG leva máis de dous anos reclamando que se analice cal é o novo perfil dos usuarios dos servizos sociais que, con motivo da crise, precisan da atención destes servizos municipais. compre coñecer o perfil destes novos demandantes para tomar as medidas necesarias e dar resposta as súas necesidades engadiu Cristina Ferreiro. Ademais, a concelleira nacionalista, lembrou que o BNG leva tempo esixindo que se artellen os mecanismos necesarios para que o concello poida acometer novas contratacións de persoal para reforzar e mellorar o funcionamento dos servizos sociais.
Utilidade do Consello Local de Servizos Sociais
Cristina Ferreiro referiuse á proposta realizada, por parte de representantes dalgúns colectivos, durante a xuntanza do Consello Local de Servizos Sociais, sobre as funcións deste órgano. Para o BNG é fundamental, ao igual que para representantes dos colectivos presentes na xuntanza de onte, que o Consello Local de Servizos Sociais se reúna antes da elaboración dos orzamentos municipais para que as asociacións nel representadas poidan facer as súas aportacións.
Moción sobre a RISGA
O BNG levará ao pleno do concello de Lugo unha iniciativa para instar á Xunta de Galiza a cumprir cos prazos para o pagamento da renda de inclusión social de Galiza. A Lei 10/2013, de 27 de novembro, de Inclusión social de Galiza, no seu artigo 37, recolle como prazo para a resolución dunha solicitude de RISGA dous meses. Neste momento estanse producindo retrasos de ata 8 meses de retraso no pago destas axudas. Ademais o BNG solicitará da Xunta de Galiza que se incremente a dotación de fondos no programa da RISGA ante o incremento de persoas en situación de exclusión social. No recente informe de Cáritas española podemos comprobar como os datos a pobreza ofrecen un panorama desolador, sobre todo na Galiza. O informe sinala que na Galiza a pobreza infantil pasou dun 16,9% en 2007 a un 22,2% en 2012. Asemade, indica que 30.000 fogares non reciben ningún tipo de ingresos, e son xa unhas 465.000 persoas as que viven na Galiza baixo o limiar da pobreza.