O BNG VOLVEU PRESENTAR A SÚA PROPOSTA DE INVESTIMENTO DOS REMANENTES NA COMISIÓN DE CONTAS
PP e PSOE seguen a ocultarlles a os lucenses unha proposta que aprobarán no pleno do luns para o uso dun total de 13 millóns de euros procedentes dos remanentes
PP e PSOE siguen empeñados en facer obras e deixar desatendidas ás persoas que máis o necesitan dixo Paz Abraira
Lugo, 29 de maio 2014. A falta de 4 días para a celebración do pleno no que se aprobará o destino de máis de 13 millóns de euros das arcas municipais, a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, advertiu que se descoñece cal é o amaño entre o PP e o PSOE para invetir os fondos dos remanentes. Está claro que os cidadáns piden outra maniera de facer política dixo Paz Abraira e engadiu que PP e PSOE siguen empeñados en facer obras e deixar desatendidas ás persoas que máis o necesitan.
Ante o silenzo que gardan PP e PSOE sobre a proposta que levarán o luns ao pleno o BNG presentou de novo a súa proposta para o gasto dos 13 millóns de euros de remanentes na comisión de contas celebrada hoxe no concello de Lugo. Non pode ser que haxa veciños e veciñas de Lugo que perdan a súa vivenda por non poder pagar a súa hipoteca, non pode ser que haxa xente que non teña casas por non ter cartos para pagar o alugueiro, ningún neno nin nena pode ir ao colexo se nunha boa alimentación dixo Paz Abraira e para eso deben destinarse eses 13 millóns de euros que ten o conccello engadiu.
A voceira nacionalista afirmou que o PP e o PSOE están interesados unicamente en falar de obras mentres que as necesidades dos veciños e veciñas son outras e desas outra prioridades son das que vai falar o BNG no concello de Lugo e nos restantes concellos. Paz Abraira dixo que os cidadáns descoñecen os acordos ocultos de Orozco e Castiñeira.
Abraira afirmou que o o BNG foi a única forza que remitiu unha proposta a través do rexistro do concello aos outros grupos e a todos os veciños e veciñas de Lugo a través dos medios de comunicación. Mentres tanto, engadiu Paz Abraira os termos do acordo entre PP e PSOE seguen a ser descoñecidos. O BNG, na súa proposta, destinaba unha parte moi significativa dos 13 millóns de euros para servizos sociais e para atender as necesidades da xente.