A UTILIZACIÓN DOS LOCAIS MUNICIPAIS FAISE EN FUNCIÓN DOS INTERESES DA EMPRESA ADXUDICATARIA
Os nacionalistas presentaron unha serie de preguntas na Comisión de Benestar sobre este asunto tras serlles negado recentemente o uso do local social de Santa Comba
Non é normal que veciños e veciñas non poidan usar os locais das súas parroquias fora das horas nas que a empresa ten estiipulada a atención dos centros dixo Cristina Ferreiro
Lugo, 26 de maio 2014. O BNG recibiu na comisión de Benestar do concello de Lugo, celebrada hoxe, resposta a unha serie de preguntas sobre os horarios de utilización dos centros sociais municipais das parroquias. Os nacionalistas non puideran facer uso do local social da parroquia de Santa Comba para unha xuntanza con veciños e veciñas a pesar de ter feito a solicitude en tempo e forma. Segundo respostou hoxe a concelleira delegada, Ana González Abelleira, o horario de uso destes locais é ata ás 20:00 horas por que esto é o que está acordado coa empresa adxudicataria. Para o BNG non é normal que os horarios dun local veciñal público non se adapten ás necesidades e horarios de veciños e veciñas ademais non se autorice a utilización do local a través do préstamo das chaves como se veu facendo dende sempre.
Cristina Ferreiro dixo que segundo nos informou a concelleira responsable a determinación final da autorización dos locais sociais das parroquias é súa e faise un función dos horarios estipulados no contrato coa empresa. Pensamos que todo o esforzo que se fixo por dotar ás parroquias de locais dignos para o uso dos veciños e veciñas queda anulado con este modelo de xestión privada implantado polo PSOE dixo Cristina Ferreiro.
Para o BNG teñen que ser os veciños e veciñas de cada parroquia os que determinen cales son os horarios axeitados para as súas actividades ademais, engadiu a edil do BNG teñen que existir mecanismos para que se garanta a posibilidade de uso dos locais fora do horario que figura no contrato entre o concello e a empresa adxudicataria da xestión.
Cando os nacionalistas solicitaron, o uso deste local de titularidade municipal, na parroquia de Santa Comba, para manter unha xuntanza con veciños e veciñas da zona recibiron, dende o departamento de Servizos Sociais do concello, resposta escrita na que se comunicaba literalmente que: NON SE AUTORIZA o uso do local solicitado para os días, ás horas e para finalidade solicitada, xa que os horarios solicitados están fora dos horarios de funcionamento do centro establecidos por contrato coa empresa adxudicataria...