O BNG PECHA EN LUGO A CAMPAÑA ÁS ELECCIÓNS EUROPEAS PEDINDO O VOTO PARA A ÚNICA CANDIDATURA GALEGA
Ana Miranda será a voz deste país no Parlamento Europeo por que se o BNG está, Galiza está dixo Olalla Rodil, número tres da candidatura do BNG
A mocidade do BNG, Galiza Nova, celebrará unha festa de peche de campaña na que actuaron os grupos Alberto Mundi, Skohlma, Esquios
Lugo, 23 de maio 2014. O BNG pechou a súa campaña electoral celebrando un acto simbólico na muralla de Lugo. Os nacionalistas pediron o voto para a formación nacionalista por que é a única candidatura galega. Olalla Rodil, número tres da candidatura do BNG, dixo que Ana Miranda será a voz deste país no Parlamento Europeo por que se o BNG está, Galiza está. Ademais do acto simbólico protagonizado por militantes, simpatizantes e cargos, do Bloque Nacionalista Galego a organización da mocidade nacionalista, Galiza Nova, organizou unha festa de peche de campaña no que participaron.
Olalla Rodil, lembrou que as políticas da Troika condenaro a prento de 120.000 galegos e galegas á emigración. A número tres da candidatura do BNG afirmou que é o momento de dicirlle NON a esta Unión Europa da emigración, do desemprego, do roubo e da explotación. Este modelo de Unión Europea, engadiu Olalla Rodil é a ruína da mocidade galega. No acto participou, tamén, Iago Lestegás Tizón membro da candidatura do BNG, un xoven arquitecto lucense, que neste momento está emigrado en Italia.
Lestegás pediu o voto para a candidatura do BNG e dixo que somos representantes dunha xeración estafada por un sistema neoliberal, o da unión europea do capital. Iago Lestegás, membro da candidatura do BNG ao parlamento europeo, lembrou como o BNG se opuxo a entrada do estado español na unión europea e sinalou que anunciamos que traería o que finalmente trae: miseria, desemprego, desigualdade, inxustiza, negación de oportunidades e de dereitos.
Para o BNG esta non é a Europa dos pobos. Lestegás afirmou que é a unión europea das grandes multinacionais e das grandes corporacións que nos exprimen para aumentar os seus beneficios e non respetan ningún tipo de leis. Non queremos ser a canteira de traballadores que esta sociedade forma cos cartos públicos e co esforzo das nosas familias para despois ser a man de obra doutros paises dixo Iago Lestegás que pediu traballo digno e futuro na terra.