O BNG DEFENDE NO PLENO DO CONCELLO A CREACIÓN DUNHA PRAIA FLUVIAL PARA LUGO

O BNG DEFENDE NO PLENO DO CONCELLO A CREACIÓN DUNHA PRAIA FLUVIAL PARA LUGO

PraiaFluvialPaz Abraira dixo que “resulta inxustificable que o PSOE propoña substituir unha praia fluvial pública por bonos de baño nunha piscina privada” 

Lugo, 2 de xuño 2014. O BNG defenderá no pleno municipal unha proposición para que o Goberno municipal poña solución á creación dunha zona pública de baño en Lugo. Os nacionalistas seguirán a pedir a dotación dunhza zona de baño pública por que “ao PP e PSOE causalles problema crear zonas públicas de baño pero toleran as privadas sen dificultade” dixo Paz Abraira. Dende o BNG sinalaron que “se non se pode manter o proxecto de zona de baño na zona na que estaba previsto haberá que buscar outras alternativas”, Paz Abraira engadiu que “Lugo non pode seguir sen unha zona pública de baño debidamente vixiada e acondicionada”.

O BNG solicita, na súa iniciativa, que se establezan de inmediato os contactos necesarios coas administracións implicadas (Deputación provincial, Xunta de Galiza e Confederación Hidrográfica) para desbloquear a creación dunha zona pública de baño controlada en Lugo. Paz Abraira dixo que “resulta inxustificable que o PSOE propoña substituir unha praia fluvial pública por bonos de baño nunha piscina privada”.

Os nacionalistas, rexistraron a súa proposición para o pleno o pasado 8 de maio, xa avanzaban no texto da mesma que “de constatarse a existencia de problemas legais/ambientais insalvables en canto á ubicación prevista, instase a que o Goberno municipal elabore unha nova proposta de ubicación de zona pública de baño controlada e que negocie coas distintas administracións a súa autorización e coa Deputación a reasignación dos fondos xa aprobados para este proxecto”.

O BNG DEFENDE NO PLENO DO CONCELLO A CREACIÓN DUNHA PRAIA FLUVIAL PARA LUGO