O BNG RESPONSABILIZA AO PP DO “ROUBO” AOS GANDEIROS QUE ENTREGAN O LEITE A ALIMENTOS LÁCTEOS

O BNG RESPONSABILIZA AO PP DO “ROUBO” AOS GANDEIROS QUE ENTREGAN O LEITE A ALIMENTOS LÁCTEOS

Mario Outeiro acusou  de “inmoralidade tratar de analfabetos aos afectados polas tropas mercenarias do PP que esparexen infamias polos camiños”

”Arruinar o medio de vida dun país é a peor das corrupcións” afirmou o responsabel comarcal do BNG en Lugo

LUGO, 10 de xaneiro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego considera que a actitude do Presidente da Xunta, a respecto da situación de Alimentos Lácteos, é alarmante, irresponsábel e escandalosa. Mario Outeiro, como responsábel comarcal do BNG en Lugo, reclamou que a xunta se responsabilice desta empresa xa que “foi o goberno galego e o seu presidente quen crearon, á súa medida, este grupo cooperativo”. O BNG esixirá no Parlamento Galego, unha vez mais, e en tódalas institucións, responsabilidades políticas ao PP por este tipo de prácticas irresponsabeis e neglixentes. Mario Outeiro manifestou que “arruinar o medio de vida dun país é a peor das corrupcións”.

Debido á mala xestión deste grupo empresarial, que foi creado e pensado dende o goberno do partido popular na xunta, son moitos centos de familias as que perderon parte do seu patrimonio ao converter millóns de euros, impagados do leite, en débeda irrecuperable. Para Outeiro “é unha baixeza e unha inmoralidade tratar de analfabetos aos afectados argumentándolles que si seguen calados van a saír beneficiados no futuro. Propaganda que as tropas mercenarias do PP esparexen polos camiños”.

Mario Outeiro lembrou que “Nen a Xunta, nen o IGAPE, que son os responsabeis do fracasado proxecto empresarial de Alimentos Lácteos, deron explicacións dos balanzos ruinosos da empresa”. Para o BNG os balanzos contables da empresa poñen en perigo a economía de moitas familias labregas que lle continúan entregando o leite a este grupo. Mario Outeiro tamén destaca que “estase dando largas aos traballadores/as da empresa, que teñen en perigo a vida e o futuro das súas familias, e que observan como se vai desfacendo pouco a pouco”.

Dende o BNG asegúrase que é “lamentable que o que puido ser  o núcleo dun proxecto de Grupo Lácteo Galego, de base cooperativ,a estase convertendo na frustración total do cooperativismo galego”. O BNG considera que a desfeita de “Alimentos Lácteos” e premeditada e está feita de mala fe. Os afectados/as  lévanlle tempo pedindo a Administración da Xunta e ao seu Presidente un mínimo de decencia.

O BNG RESPONSABILIZA AO PP DO “ROUBO” AOS GANDEIROS QUE ENTREGAN O LEITE A ALIMENTOS LÁCTEOS