O BNG INICIARÁ UNHA CAMPAÑA EN DEFENSA DOS SERVIZOS SANITARIOS PÚBLICOS PARA LUGO

O BNG INICIARÁ UNHA CAMPAÑA EN DEFENSA DOS SERVIZOS SANITARIOS PÚBLICOS PARA LUGO

Mario Outeiro afirmou que “como sempre, o BNG apoiará todas as reivindicacións que defendan os servizos sanitarios públicos e de calidade”

O BNG lembra as numerosas iniciativas presentadas nas institucións e a súa presenza en mobilizacións e apoio a colectivos nas súas demandas

LUGO, 9 de xaneiro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego manterá a súa postura de apoio aos servizos públicos. Segundo o responsabel comarcal do BNG en Lugo, Mario Outeiro, “O BNG ven loitando pola mellora dos servizos sanitarios da provincia de Lugo, a través de tódolas institucións e foros onde temos presenza”. O BNG presentou ao longo destes anos numerosas iniciativas nas institucións nas que ostenta representación.

A executiva comarcal do BNG acordou continuar apoiando todas as reivindicacións que teñan como obxectivo acadar uns mellores servizos sanitarios para Lugo. Mario Outeiro dixo que “o BNG vai apoiar tódalas reivindicacións que neste sentido desde calquera plataforma, asociación ou organización, xa que o BNG estará sempre defendendo os intereses do pobo, e por tanto ten que estar sempre alí onde haxa unha desigualdade ou unha inxusticia que perxudique á xente”.

Segundo Mario Outeiro “O BNG quere unha sanidade para todos e todas, unha sanidade cercana, universal e de calidade e unhos servizos públicos aos que tódalas persoas por igual poidan acceder”. Dende o momento no que se puxo en marcha o HULA o BNG reivindicou a implantación no HULA dos servizos de radioterapia, hemodinámica e medicina nuclear.

Neste momento o hospital continua na mesma situación que no momento en que o candidato á presidencia da Xunta polo partido popular, e actual presidente, anunciara a dotación dalgún destes servizos para o hospital de Lugo. Dende o BNG presentáronse nos últimos, de xeito reiterado, enmendas aos orzamentos da Xunta de Galiza reclamando a dotación para o HULA dos servizos de radioterapia, hemodinámica e medicina nuclear.

O BNG INICIARÁ UNHA CAMPAÑA EN DEFENSA DOS SERVIZOS SANITARIOS PÚBLICOS PARA LUGO