O BNG volve solicitar que se repoñan os aparcadoiros de bicicletas que se retiraron
En setembro houbo un acordo plenario para fomentar o uso da bicicleta, 10 meses despois podemos dicir que non se fixo absolutamente nada afirmou Rubén Arroxo
Lugo, 11 de xullo 2016. O voceiro do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, lembrou que o goberno municipal ten gardado nun caixón a proposición aprobada a respecto dunha mobilidade sostible e do fomento do uso da bicicleta En setembro houbo un acordo plenario para fomentar o uso da bicicleta, 10 meses despois podemos dicir que non se fixo absolutamente nada. En palabras do concelleiro nacionalista semella que non existe preocupación algunha por parte do goberno para que se aposte por transportes alternativos e ecolóxicos nestes meses do ano é cando a xente se anima máis a mudar o coche polos pedais, se o concello volve perder a oportunidade de facilitarlle á xente o seu uso, en outubro as bicis volverán aos rochos en relación con isto criticou que nos últimos anos só se deran pasos atrás existía o servizo de préstamo de bicicletas, que segue sen retomarse malia a nosa insistencia, e existían diversos aparcadoiros que a día de hoxe desapareceron, como poida ser o da praza Maior ou o da rúa das Nóreas.
Dende o grupo nacionalista anunciaron que veñen de presentar un rogo á comisión de infraestruturas co fin de que cando menos se comece por repoñer os antigos aparcadoiros de bicicletas cos que contaba o concello a día de hoxe a xente que se achega ao centro en bicicleta para unha vez aí moverse a pé ten que deixar a bicicleta nunha árbore ou nunha farola, o mesmo acontece co importante número de persoas que fan o camiño primitivo, ao chegar ao albergue da rúa das Nóreas xa non pode deixala no antigo aparcadoiro afirmou o voceiro do BNG. Dende as filas nacionalistas lembraron tamén que nos orzamentos ía unha partida destinada a converter Lugo en zona 30 algo moi sinxelo de executar e que sería a base para permitir o uso seguro da bicicleta, ante iso o propio Rubén Arroxo manifestaba se o goberno non é quen de cumprir cos acordos plenarios sinxelos e para os que hai orzamentos, dificilmente vai poder levar a cabo proxectos medianamente complexos para Lugo.