Tras non recibir resposta, o BNG leva á comisión os terreos do Colexio de Sagrado Corazón
Seica o goberno non ten tempo en mes e medio para responder a unha pregunta do BNG, terá que contratar unha dirección xeral de respostas afirmou Maite Ferreiro
Lugo, 12 de xullo 2016. A concelleira do BNG, Maite Ferreiro anunciou que vai presentar na vindeira comisión municipal unhas preguntas a respecto de en que situación se atopa a día de hoxe o proceso de disposición dos terreos do Sagrado Corazón para o colexio. Maite Ferreiro volveu a insistir neste tema despois de que tivese presentado unha pregunta por escrito ao goberno municipal o pasado 30 de maio e a día de hoxe aínda non obtivese ningunha resposta Semella que o goberno non ten tempo en mes e medio para responder a unha pregunta do BNG, terá que acabar contratando unha dirección xeral de respostas ironizou a edil nacionalista mentres recalcaba na preocupación existente entre veciñas e veciños do barrio que ven como dende hai anos se está levando esta situación dunha forma moi pouco seria. Aquí asistimos de forma reiterada a unha partida de tenis entre PP e PSOE acusándose mutuamente das causas polas que o barrio non conta aínda co novo colexio, e mentres tanto as veciñas e veciños do barrio pagando as consecuencias.
Dende o grupo municipal nacionalista lembraban que o convenio remata no 2018 polo que os tempos para dispoñer dun novo centro de ensino son moi reducidos ou se comeza xa, ou non vai haber posibilidade de trasladar ás alumnas e alumnos ao novo centro. Ao final acontecerá o de sempre, en 2 anos os deberes sen facer, enviarán ás crianzas a outros barrios da cidade, e PP e PSOE no seu mundo paralelo seguirán xogando o último set da súa partida de tenis explicou a concelleira do BNG.
Nesta comisión o BNG agarda poder saber xa que prazos contempla o concello de cara a poder actuar en consecuencia a ver se hai sorte e o goberno municipal xa sabe como vai quedar esta cuestión e non teñamos que agardar outros tantos meses en termos algunha información afirmou Ferreiro.