COLECTIVOS SOCIAIS LUCENSES VEN NECESARIO O MANTEMENTO DO SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO -065-

COLECTIVOS SOCIAIS LUCENSES VEN NECESARIO O MANTEMENTO DO SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO -065-

IMG_2759 Cosme Pombo informou, nunha xuntanza con representantes dos colectivos, sobre iniciativas presentadas polo BNG para tentar evitar que o PP elimine este servizo tan necesario neste país

A desaparación do 065 afectará fundamentalmente a quelas persoas que o utilizan como un servizo de autonomía persoal

Lugo, 3 de marzo, 2013. O parlamentario Cosme Pombo, e outros cargos do BNG, mantiveron unha xuntanza con representanes de diversas asociacións do eido social que se van ver seriamente afectados pola eliminaicón do servizo de transporte adaptado 065. Cosme Pombo insistiu en que “a Xunta non pode vender como unha mellora o que é a eliminación dun servizo deste tipo”. Dende os colectivos que traballan neste eido sinalouse que “vai ser un problema para que, as persoas con capacidades diferentes, poidan facer unha vida normal”.

Para os nacionalistas resulta preocupante a situación de moitos ususarios do 065 que non están integrados en asociacións e que dispoñían do 065 como un servizo de autonomía persoal que lles pemitía desplazarse. A pesares de que este servizo contaba con diversas carencia no seu funcionamento, algo que se recoñece dende os colectivos cos que se reuniu o BNG, “é evindente que un servizo deste tipo é fundamental para unha provincia como a de Lugo”. Para o BNG compre que se manteña este servizo xa que en Galiza a poboación está moi dispersa e o indice de avelletamento e de persoas dependentes é moi alto.

Cosme Pombo informou aos colectivos das propostas que o BNG presentou no Parlamento Galego, á consellería de Traballo e Benestar, ante a modificación do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal  -065- e a eliminación dos programas de dependencia e benestar. Cosme Pombo critica o argumento de “eficacia” esgrimido polo Goberno galego para xustificar a “desmantelamento total do 065”. “A eliminación dun servizo destas características supón o abandono dos que máis o necesitan” Cosme Pombo referiuse as características dunha comarca como a de Lugo con zonas tan ailladas como a de Fonsagrada ou a Montaña e cunha poboación tremendamente dispersa e envellecida.

IMG_2764O BNG xa se dirixiu á conselleira Beatriz Mato polos motivos da eliminación deste servizo preguntando sobre  a cantas persoas afecta e cantas persoas quedarán sen posto de traballo e se existe algunha previsión para garantir a mobilidade das persoas con maiores dificultades. A Xunta de Galiza, explica Pombo, “pretende deixar de prestar o servizo de traslado diario ou semanal d@s dependentes a centros para realizar as terapias” e engadiu que “unha vez máis a Consellería de Benestar desmantela un servizo necesario que custou moito esforzo deseñar e implantar e que daba servizo de maneira regular a todos os dependentes que o solicitaban”.

COLECTIVOS SOCIAIS LUCENSES VEN NECESARIO O MANTEMENTO DO SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO -065-