O PP ACLARA A SÚA DECISIÓN SOBRE AS OBRAS DE PARADAI AO VOTAR CONTRA A INICIATIVA DO BNG

O PP ACLARA A SÚA DECISIÓN SOBRE AS OBRAS DE PARADAI AO VOTAR CONTRA A INICIATIVA DO BNG

Pombo-en-comisión

O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento Galego na que demandaba a inmediata execución das obras do Plan Paradai

Cosme Pombo, en relación a Jaime Castiñeira, sinalou que “é lamentable que sexa un parlamentario lucense o que diga un non contra as necesidades dos veciños que representa”

Lugo, 6 de marzo, 2013. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, defendeu unha iniciativa en comisión parlamentar para demandar que a Xunta de Galiza proceda á execución da sobras o Plan Paradai. Cosme Pombo lamentou, en referencia á intervención do popular Jaime Castiñeira na comisión, “que sexa un parlamentario lucense o que diga un non contra as necesidades dos veciños que representa”. Para o BNG, tal e como xa se ten trasladado en diversas ocasións, “é unha necesidade urxente o executar estas obras por canto son fundamentais para  a comunicación dunha zona moi importante da cidade de Lugo”.

Cosme Pombo lembroulle ao parlamentario do PP e xefe de filas dos populares no Concello de Lugo que “non estaba votando contra unha iniciativa do BNG se no que estaba votando contra as veciñas e os veciños do Barrio das Gandaras, de Paradai, da Estación e de Lugo”. Os nacionalistas demandaban na súa proposta que se acometera, tamén nesta fase, o  entronque coa glorieta de Carlos Azcárraga tal e como xa se comprometeron recentemente dende o executivo da Xunta. Para Cosme Pombo “o PP condena aos lucenses a un novo e escandaloso retraso nun compromiso realizado fai máis de 15 anos” o que Pombo definiu como “outro exemplo claro de incumprimento da Xunta para con Lugo”.

O parlamentario do BNG advertiu que “Lugo non ten por que soportar máis trucos para enmarcarar os retrasos nesta obra”. Pombo lembrou que o Conselleiro explicou en Lugo o venres, día 17 de xaneiro, que o motivo do parón era “unha cuestión técnica da empresa”. Posteriormente, o deputado autonómico e portavoz municipal do PP, o Sr. Jaime Castiñeira, afirmou o día 20 que a causa da paralización debíase a que o Goberno local de Lugo propuxera unha modificación do proxecto, modificación á que o Concelleiro de Urbanismo de Lugo indicou que tiñan renunciado vía telefónica. Cosme Pombo engadiu que “non é de recibo que o Sr. Conselleiro, D. Agustín Hernández diga unha cousa (“... as obras están adxudicadas pola Xunta, en marcha e tan só pendentes dunha cuestión técnica da empresa..”) e que o concelleiro do PP, e tamén Parlamentario, D. Jaime Castiñeira diga outra para acusar ao concello, mentras estas obras, imprescindíbeis para a cidade de Lugo,  continúan paradas, perdon onte había unha pala no sitio e dous casetos de obra”.

Os nacionalistas presentaron a proposición non de Lei para o seu debate en comisión para instar insta á Xunta de Galiza a adoptar de imediato as medidas necesarias para garantiren a execución das obras contratadas do Plan Paradai sen máis demora, así como para acometer o remate do Plan Paradai na súa totalidade. A esta proposición o grupo Popular, con maioría na comisión e encabezado por Jaime Castiñeira, votaron en contra. Pombo afirmou que “Con este xeito de proceder a Xunta de Galiza manifesta a súa incompetencia ao mesmo tempo que castiga, outra vez, a un número moi importante de lugueses e luguesas que se volven a sentir enganados.”

O PP ACLARA A SÚA DECISIÓN SOBRE AS OBRAS DE PARADAI AO VOTAR CONTRA A INICIATIVA DO BNG