"O GOBERNO MUNICIPAL APRESUROUSE AO SUPRIMIR A ACTIVIDADE DOS HORTOS ESCOLARES" DIXO PAZ ABRAIRA

"O GOBERNO MUNICIPAL APRESUROUSE AO SUPRIMIR A ACTIVIDADE DOS HORTOS ESCOLARES" DIXO PAZ ABRAIRA

IMG_2927 Nunha xuntanza con representantes das ANPAS o BNG de Lugo analizou as repercusións sobre os centros escolares da aplicación da modificación da Lei de Administración Local

Os comedores escolares que xestiona o concello, as garderías municipais e outros servizos relacionados con educación e servizos sociais poderían verse afectados

Lugo, 6 de marzo, 2013. As concelleiras do BNG, Paz Abraira e Cristina Ferreiro, mantiveron unha xuntanza con representantes das ANPAS. Neste encontro analizáronse as repercusións sobre os centros escolares da aplicación da modificación da Lei de Administración Local. Segundo a voceira do BNG no concello de Lugo "o goberno municipal apresurouse a suprimir a actividade dos hortos escolares". Abraira indicou que "foron os nenos e nenas de Lugo pola presa do PSOE de aplicar unha normativa antes de que esta fose firme".

IMG_2917Segundo explicou a voceira nacionalista, atendendo á proposta que fai a Xunta sobre a aplicación da Lei 27/2013, de racionalización e sostibilidade da administración local, "as competencias que debe asumir a Xunta en materia de educación, saúde e servizos sociais continuarán sendo prestadas polos municipios mentres non se dean as condicións previstas para o seu traspaso na normativa básica e, en particular,o establecemento do novo sistema de financiamento autonómico e das facendas Locais previsto nesta". Esto quere decir, dixo Abraira, "que o concello continuará tendo as competencias, como mínimo, un ano máis".

Na xuntanza, na que tamén estiveron presentes a concelleira Cristina Ferreiro e o responsábel local do BNG Alexandre Penas, abordáronse as consecuencias directas que a nova Lei de Administración Local terá nos colexios (comedores e actividades extraescolares, hortos, etc). Dende o BNG tamén se interesaron polas demandas e deficiencias que, dende as ANPAS, se detecten nos centros escolares. Para o BNG "é fundamental o contacto con estes colectivos que coñecen perfectamente o día a día dos centros escolares e cales son as necesidades reais para podelas trasladar tanto ao concello como á Xunta de Galiza e mellorar así as prestacións dos colexos públicos da cidade".

"O GOBERNO MUNICIPAL APRESUROUSE AO SUPRIMIR A ACTIVIDADE DOS HORTOS ESCOLARES" DIXO PAZ ABRAIRA