COMPARECENCIA COSMÉTICA ASÍ CUALIFICOU PAZ ABRAIRA A SOLICITUDE DE LUIS ÁLVAREZ NO VINDEIRO PLENO
A voceira do BNG afirmou que o goberno municipal aínda non sabe que é o que lle vai reclamar á empresa despois da folga
Abraira insistiu en que o goberno municipal tiña que dar as explicacións naquel momento e convocar a xunta de portavoces cando lle foi requirido dende o BNG
Lugo, a 26 de agosto de 2014. A voceira do BNG, Paz Abraira, deu conta do acontecido na comisión de urbanismo e medio ambiente. Abraira cargou contra o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente do concello de Lugo despois de debatir, na comisión celebrada onte, sobre a comparecencia no pleno para dar explicacións sobre a folga de recollida do lixo. Abraira dixo que a intervención de Luis Álvarez será "unha comparecencia cosmética". A edil nacionalista criticou tamén a actitude do PP que "durante a folga somentes estivo ao servizo da empresa Urbaser".
Paz Abraira informou que nesa comisión o BNG abstívose na petición de comparecencia voluntaria do concelleiro de Medio Ambiente por que é unha farsa. Abraira insistiu en que o goberno municipal tiña que dar as explicacións naquel momento e convocar a xunta de portavoces cando lle foi requirido dende o BNG. Abraira cualificou de comparecencia cosmética a solicitada polo concelleiro de Medio Ambiente por tratarse de un paripé máis deste goberno socialista que conta mentiras sobre mentiras por que quen tomou as decisión foi a empresa e non o goberno municipal que está totalmente desfeito. Abraira referiuse tamén ás ameazas de intervención do servizo, feitas polo goberno municipal, cando a realidade, pola documentación elaborada, é que nunca houbo intención de intervir os servizo.
Nesta comisión, previa ao pleno do día 1 de setembro, o concelleiro de Medio Ambiente, Luis Álvarez, deu resposta ás preguntas presentadas polo BNG relacionadas coa pasada folga de limpeza e recollida do lixo. Abraira explicou que o goberno non deu resposta nin convocou a xunta de portavoces pero onte ao concelleiro responsábel de Medio Ambiente, Luis Álvarez, non lle quedou outro remedio que dar resposta ás preguntas presentadas polo BNG para a súa resposta en comisión esto sucedeu despois de que o BNG solicitara a convocatoria da xunta de portavoces co fin de tratar de esclarecer o que estaba sucedendo durante esa folga que durou case 2 meses. Os nacionalistas presentaran, tamén, diversas preguntas para a súa resposta escrita.
Paz Abrira dixo que a comisión de Medio Ambiente puxo de manifesto a falta de vontade do goberno socialista de dar conta do que aconteceu realmente durante a folga do lixo. Abraira sinalou que resulta curioso que este concelleiro solicite comparecer voluntariamente no pleno e engadiu que pretende lucirse cando este goberno non estivo á altura para resolver os problemas dos veciños e veciñas de Lugo. Para o BNG esta petición de comparecencia é unha falta de respeto para os cidadáns xa que a actuación do goberno municipal careceu de luces, foi errática e carente de forza ante a empresa Urbaser.
Culpabilizar a traballadores e traballadoras
Abraira cualificou de actitude rastreira a de Luis Álvarez que, segundo a nacionalista, agora pretende quedar como salvador da situación que se deu no concello de Lugo. O BNG preguntou, nesta comisión, por que non se mantiveron contactos cos traballadores para informalos dos acordos da Xunta de Goberno, a esto, o responsábel de Medio Ambiente dixo que o concello non ten relación directa cos traballadores da empresa. Abraira criticou que non se falara cos traballadores pero o goberno si que foi raudo respondendo a queixas de algúns veciños, a través da comisión de queixas e reclamacións, e culpabilizando aos traballadores e traballadoras da situación que se deu durante a folga.
Proteción policial a Urbaser
A voceira do BNG sinalou que o concelleiro de Medio Ambiente admitiu que a presenza policial fora demanda pola empresa Urbaser e o concello atendeu única e exclusivametne á empresa, someténdose á chantaxe que Urbaser lles impuxo a todos os lucenses. Se o custe dos servizos policiais se lle van repercutir á empresa preguntou o BNG. Un elevado custo que ronda os 25.000 informou Abraira. Segundo Paz Abraira o expedente segue aberto pero non hai conclusións por eso non se sabe o que se lle vai reperctuir á empresa. A forte presenza policial blindando o concello foi motivada, segundo o edil de Medio Ambiente, polo medo aos traballadores. Para o BNG a actitude dos traballadores e traballadoras foi pacífica a pesares da duración desta folga.