O BNG DENUNCIA A INUTILIDADE, PARA OS LUCENSES, DA LIÑA VERDE

O BNG DENUNCIA A INUTILIDADE, PARA OS LUCENSES, DA LIÑA VERDE

ConsultaPara o BNG esta é unha mostra máis da “política virtual” do PSOE

A voceira do BNG afirmou que “anunciar esta ferramenta virtual foi a única actuación en materia ambiental do concelleiro Luis Álvarez”

A Liña Verde ten un custo anual de 3.000 para o concello, non responde ás preguntas dos cidadáns e apenas ten información concreta sobre Lugo

Lugo, a 22 de agosto de 2014. O concelleiro de Medio Ambiente, Luis Álvarez, presentaba en decembro de 2013 a nova ferramenta virtual coñecida como Liña Verde. Naquel momento o BNG plantexou ao goberno municipal diversas preguntas sobre a implantación deste sistema de consultas ambientais na web municipal. A Liña Verde ten un custo anual de 3.000 euros pero, segundo Paz Abraira, “non responde ás preguntas dos cidadáns e apenas ten información concreta sobre Lugo”. A propia concelleira do BNG presentou preguntas a través desta ferramenta virtual sobre cuestións concretas e non recibiu resposta algunha a pesares de que o sistema anuncia que as preguntas serán contestadas en menos de 24 horas.

A voceira do BNG afirmou que “anunciar esta ferramenta virtual foi a única actuación en materia ambiental do concelleiro Luis Álvarez”. Trátase, dixo Abraira, “dunha mostra máis da política virtual do PSOE” que “para nada resolve os problemas da xente”. Dende o BNG criticaron a dexiadez deste goberno municipal en relación aos temas ambientais “para o BGN é prioritario que o goberno municipal teña unha política ambiental clara e definida que teña como prioridade a protección do río Miño e a promoción dos seus usos sociais e ambientais” dixo Paz Abraira.

Os nacionalistas teñen denunciado en numerosas ocasións a falta de políticas ambientais reais no concello de Lugo en relación ao río Miño e o seu entorno, á presenza en numerosos puntos do concello de vertedoiros incontrolados, a contaminación do río Rato na zona da Garaballa, etc... “Esta claro que os problemas ambientais hai que resolvelos sobre o terreo e non podemos quedar en accións virtuais” dixo Paz Abraira.

O BNG DENUNCIA A INUTILIDADE, PARA OS LUCENSES, DA LIÑA VERDE