Se o concello de Lugo non entra no GDR, pódense perder investimentos de fondos europeos"
O BNGAA presentará unha moción de urxencia no pleno do xoves pedindo que o concello de Lugo se integre no GDR Terras de Lugo e así poder acceder aos fondos Leader
Arroxo le
mbrou que no período 2007-2013 os GDR da provincia recibiron 31,1 millóns de euros e apoiaron 420 proxectos, que consolidaron 872 empregos e crearon 160 novos
Lugo, 27 de xuño 2016. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou hoxe que levará ao pleno unha moción, por vía de urxencia, para reclamar que o concello de Lugo se adhira ao GDR Terras de Lugo antes do 2 de xullo de 2016. Este é o prazo máximo que institucións e entidades teñen para a integrarse nos grupos de desenvolvemento rural que optarán a fondos europeos para desenvolver proxectos que contribuan á creación de emprego no rural sinalou Rubén Arroxo.
Arroxo indicou que o Consello de Lugo ten unha importatísima zona rural e a participación no GDR pode ser moi beneficiosa para que se poñan en marcha proxectos de desenvolvemento rural aproveitando fondos europeos. Arroxo lembrou, tamén, que no período 2007-2013 os GDR da provincia recibiron 31,1 millóns de euros e apoiaron 420 proxectos, que consolidaron 872 empregos e crearon 160 novos.
O GDR Terras de Lugo, composto polos concellos de Lugo, Rábade, Outeiro, Guntín, Friol, Castroverde e o Corgo conta a día de hoxe con 2 concellos adheridos despois das últimas baixas dalgúns deles. Para que este GDR poida seguir recibindo fondos do plan Leader e seguir desenvolvendo os proxectos planificados, precisa que antes do vindeiro 2 de xullo conte cun mínimo de 4 concellos adheridos, situación na que agora mesmo non se atopa.
É preciso lembrar o valor destas cantidades, posto que en anos anteriores a provincia de Lugo recibía máis de 5 millóns para estes proxectos, asentando emprego e iniciativas no rural afirmou Rubén Arroxo e engadiu que dada a importancia deste financiamento no eido rural, cómpre que antes de rematar dito prazo o Concello de Lugo se faga socio deste GDR.