O BNG-AA urxe ao goberno municipal a inicar os trámites da remunicipalización do servizo de limpeza
Rubén Arroxo advertiu que a venda da actual concesionaria, en 2.600 millóns de euros, a unha transnacional chinesa é a demostración de que os servizos se utilizan como mecadoría para a especulación
Esta é unha mostra máis de que o BNG AA ten razón cando propón a remunicipalización do servizo dixo Arroxo
Lugo, 10 de xuño 2016. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, urxiu a necesidade de que o goberno municipal inicie os trámites para remunicipalización do servizo de limpeza e recollida do lixo no concello de Lugo. Arroxo xa anunciara que no vindeiro pleno da corporación municipal, a formación que representa, presentará unha moción para pedir que se inicien os trámites para executar a municipalización do servizo público de limpeza viaria, recollida de residuos e transporte para o seu tratamento. Esta é unha mostra máis de que o BNG AA ten razón cando propón a remunicipalización do servizo dixo Arroxo
Rubén Arroxo advertiu que a venda da actual concesionaria, en 2.000 millóns de euros, a unha transnacional chinesa é a demostración de que os servizos se utilizan como mecadoría para a especulación. Florentino Pérez estase a enriquecer a conta dos tributos das persoas que pagan para manter limpa a súa cidade e agora especula con estes servizos, afastando, cada vez máis, os centros de decisión sinalou Arroxo.
Rubén Arroxo lembrou que o 31 de marzo de marzo de 2017 finaliza o contrato de concesión dos servizo de limpeza viaria, recollida de residuos e transporte para o seu tratamento. Explicou que a falta de 9 meses para que este contrato remate aínda non hai novas de cal vai ser a solución adoptada para cubrir este servizo, máis xa sabemos que a empresa cambiou de dono a cambio de 2.600 millóns de euros e sinalou que entendemos, que máis que nunca, se debe tomar a iniciativa para impulsar este proceso de municipalización do servizo aínda que despois se poida decidir cal vai ser o sistema de xestión, logo haberá que apostar por unha xestión directa ou indirecta segundo resulte máis vantaxoso en canto á eficiencia e á avaliación económica.
Na actualidade o servizo público de limpeza viaria, recollida de residuos e transporte para o seu tratamento está en réxime de concesión. Esto implica que a capacidade legal de actuación do concello sobre a empresa é limitada durante un imporatante número de anos. Existen outros modelos, como é o caso do mantemento de xardíns, no que a empresa ten un contrato de prestación de servizo co concello de Lugo e é o concello que ten capacidade para tomar decisións sobre o traballo que desenvolve a empresa contratada.