CONSUMIMOS PETROLEO E A MADEIRA PODRECE NOS MONTES, O NOSO CAMPUS TEN MOITO QUE DICIR
O Candidato do BNG-Asambleas Abertas apostou por revitalizar un campus que a día de hoxe está infratulizado e no que a I+D+I no sector agroforestal tería que ser bandeira para poñer este país a producir
O campus universitario de Lugo ten potencialidade para liderar o desenvolvemento económico da provincia e formar persoas para traballar todo o terriotorio que neste momento é improdutivo afirmou Rubén Arroxo
Lugo, 23 de abril 2015. O 50% da superficie do concello é monte e na universidade temos os coñecementos para poñelo a producir sinalou Rubén Arroxo. O candidato nacionalista visitou hoxe o campus de Lugo para presentarlle á comunidade universitaria as propostas da formación que representa a respecto da universidade. Arroxo mostrouse partidario de aproveitar as potencialidades do campus como motor técnico e económico da cidade e propuxo un proxecto conxunto entre o Concello, a Universidade e os veciños das parroquias para poñer en valor os montes veciñais do municipio crear pequenas empresas de transformación de produtos agrarios.
Arroxo puxo como exemplo que en Galiza a maior parte dos sistemas de calefacción son alimentados con derivados do petroleo e non somos un país produtor de petroleo engadi que consumimos petroleo e a madeira podrece nos montes, o noso campus ten moito que dicir. O cabeza de lista do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, avogou hoxe por aproveitar os coñecementos e a experiencia do campus universitario para crear postos de traballo e emprego na cidade.
O candidato nacionalista, que visitou esta mañá o campus, afirmou que a universidade, en Lugo, é punteira en investigación nos eidos agrarios e forestais e sen embargo a cidade non aproveita eses coñecementos. A nosa cidade conta co único campus agrario existente nas 3 universidades galegas e iso hai que aproveitalo, defendeu Arroxo.
Por iso, o candidato nacionalista insistiu en reforzar a relación do campus universitario coa cidade de Lugo e comprometeuse diante da comunidade universitaria a ter en conta as súas aportacións e coñecementos desde o Goberno do Concello. Arroxo defendeu as potencialidades do campus como motor técnico e económico da cidade e defendeu a posta en marcha dun proxecto conxunto entre o Concello, a Universidade e os veciños das distintas parroquias para poñer en valor os montes veciñais do municipio co apoio da Facultade de Forestais.