Delegados de URBASER reuníronse con Rubén Arroxo para falar da remunicipalización do servizo

Delegados de URBASER reuníronse con Rubén Arroxo para falar da remunicipalización do servizo

A iniciativa do BNG-AA será tratada no pleno da corporación e pretende que o concello inicie os trámites para que o concello recupere a xestión directa deste servizo

O vindeiro 31 de marzo remata a concesión á actual empresa e o concello deberá establecer cal vai ser o novo sistema de xestión

 

Lugo, 29 de xuño 2016. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, reuniuse con delegados sindicais da CIG e un grupo de traballadores para explicar o contido da proposta que se tratará no pleno do concello. A iniciativa do BNG-AA pretende que o concello inicie os trámites para que o concello recupere a xestión directa deste servizo. Rubén Arroxo lembrou que o 31 de marzo de marzo de 2017 finaliza o contrato de concesión dos servizo de limpeza viaria, recollida de residuos e transporte para o seu tratamento.

 urbaser

Explicoulles aos traballadores que “a falta de 9 meses para que este contrato remate aínda non hai novas de cal vai ser a solución adoptada para cubrir este servizo” e sinalou que “imos tomar a iniciativa para impulsar este proceso de municipalización do servizo e que despois se poida decidir cal vai ser o sistema de xestión, logo haberá que apostar por unha xestión directa ou indirecta segundo resulte máis vantaxoso en canto á eficiencia e á avaliación económica”.

 

Arroxo sinalou que “os traballadores e traballadoras deben conservar os seus dereitos, entre eles o de subrogación, o que garantirá a súa continuidade no posto de traballo aínda que mude o sistema de xestión”. O BNG – AA defendeu sempre os dereitos das traballadoras e traballadores de URBASER aínda nos momentos máis duros do conflito que estes mantiveron coa empresa no ano 2014.

 

Na actualidade o servizo público de limpeza viaria, recollida de residuos e transporte para o seu tratamento está en réxime de concesión. Esto implica que a capacidade legal de actuación do concello sobre a empresa é limitada durante un imporatante número de anos. Existen outros modelos, como é o caso do mantemento de xardíns, no que a empresa ten un contrato de prestación de servizo co concello de Lugo e é o concello que ten capacidade para tomar decisións sobre o traballo que desenvolve a empresa contratada.

 

Para o BNG-AA é importante evitar situacións como a vivida no verán do 2014, cando un conflito laboral obrigou aos lucenses a sufrir 59 días de parálise do servizo. É preciso lembrar que este é un servizo obrigatorio, polo que debe ser tomado con total firmeza. Dados os prazos de tempo necesarios para este tipo de procesos, cómpre inicialo de forma inmediata para evitar que se dea unha nova situación de ter que sufrir a existencia de máis un servizo funcionando a través dunha concesión con contrato caducado no Concello de Lugo.

Delegados de URBASER reuníronse con Rubén Arroxo para falar da remunicipalización do servizo