“EUROPA É UNHA DICTADURA ECONÓMICA” DIXO ANTÓN BAO

“EUROPA É UNHA DICTADURA ECONÓMICA” DIXO ANTÓN BAO

O BNG de Lugo aproveitou o Día de Europa para facer un reparto informativo sobre a crise económica e as súas causas

Cargos orgánicos e institucionais participaron, tamén, nas mobilizacións contra a LOMCE

LUGO, 9 de maio de 2013. O BNG de Lugo aproveitou a celebración do Día de Europa para facer unha campaña informativa entre a cidadanía explicando cales son as causas da crise económica. Antón Bao afirmou que “Europa é unha dictadura económica”. Bao lembrou que o BNG se opuxo á entrada do estado español na UE e xa advertiu que todo esto ía a suceder no momento da sinatura do acordo de Mastrich. A campaña desenvolta polo BNG leva por título: Non é unha crise. É un roubo. Somos multitude, rebélate !!!.

Antón Bao siginficou que o BNG se desercou dos actos de celebración do Día de Europa organizados polo concello e dixo que “O único que se pode reivindicar hoxe é unha UE completamente distinta: unha verdadeira Europa dos Pobos que aposte pola estrutura produtiva do país e, sobre isto, un BCE ao servizo diso e no da gran banca”.

Segundo o voceiro dos nacionalistas no concello de Lugo “a UE non existe como Europa dos pobos, nin dos estados que a compoñen”. Europa está dominada polos intereses dos bancos mundiais, as ententes empresariais e a Alemaña de Merkel. Para o BNG non estamos ante unha crise, se non ante un roubo. Un roubo perpetrado polos grandes poderes financieiros. O rescate á banca supuxo que esa UE cobrase os miles de millóns que deron a costa do diñeiro da xente co beneplácito do goberno de Rajoy e de Feijoo.

Para Antón Bao “a UE representa agora a desintegración do benestar social, dos servizos públicos, do emprego digno e dos dereitos laborais”, Bao engadiu que “a UE é cómplice, colabora como brazo executor no roubo que se perpetra día a día aos lucenses e galegos: preferentes, rebaixas salariais, privatizacións, aumento do paro, emigración xuvenil, etc...”. Dende o BNG sinalaron que as políticas da UE afondan nunha maior fenda social e no aumento da pobreza. A UE leva tempo tomando decisións contra dos sectores produtivos galegos máis importantes: agricultura, pesca, naval. Estas políticas non poden ser loubadas por ninguén que teña un mínimo sentido común.

Manifestación contra a LOMCE

Cargos orgánicos e institucionais do BNG participaron na manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Para os nacionalista, en Galiza o presidente Núñez Feijóo tamén “está a atentar contra o dereito á educación aplicando recortes que afectan especialmente ás escolas do rural, incrementando o prezo dos comedores escolares, suprimindo liñas de autobús escolar ou rematando coa gratuidade dos libros de texto, ademais de reducir entre un 40 e un 50 por cento o orzamento dos centros destinado a material para os rapaces e rapazas.

“EUROPA É UNHA DICTADURA ECONÓMICA” DIXO ANTÓN BAO